
Leer a mente non é ter poderes extraordinarios é máis todos lemos a mente dos demáis con bastante frecuencia.Leer a mente é supoñer o que están pensando ou sentido outra persoa sen ter probas obxetivas.Solemos facer isto moi a miudo, máis do que cremos, e logo actuamos en consecuencia; creando situacións basadas en ideas falsas e isto pode dificultar as nosas relacións, no traballo e na vida persoal e incluso pode afectar o noso estado de ánimo.
A lectura da mente é unha percepción intuitiva que facemos de forma consciente e basándonos en códigos non verbais e que logo pasamos a interpretar.
As veces son só proxeccións dos nosos propios pensamentos e sentimentos sobre unha determinada situación, que experimentamos nós pero que lla adxudicamos ó outro.
En moitas ocasións cando lemos a mente estamos moi seguros de que as nosas percepcións son certas e non as cuestionamos en ningún caso crendo que se ten a razón, pero esto non é garantía de que se esté no certo.
Todo esto lévanos á seguinte cuestión :¿Por qué a xente prefiere adiviñar o que o outro está pensando ou sentindo si frente á ambigüidade podemos preguntar qué é o que exactamente quixo decir?
Cada un de nós vivimos no noso propio mundo e experimentámolo dunha maneira diferente ,non se pode esperar que os demáis imaxinen cómo nos sentimos nós ou qué é o que queremos por xestos que poden significar moitas cousas distintas.
Comunicarlle os demáis cales son os nosos sentiméntos ou o que pensamos non é unha tarefa sinxela incluso utilizando a linguaxe verbal ainda máis custoso é entendernos se non nos exprersamos con verbas.
Hai dúas formas de lectura de pensamento: cando supoñemos o que outra persoa está pensando, sentindo...e a outra é cando creemos que é posible que os demáis sepan o que estamos pensando, sentindo..
Cada persoa temos modelos mentais diferentes e que un non pode supoñer nin imaxinar o que a outra persoa está pensando ou sentiendo con exactitude, nin tampouco coñecer o significado que teñen a súas verbas se non se expresa con absoluta claridade.
Polo tanto para unha boa comunicación, para evitar malos entendidos e para evitar porblemas é recomendable non facer conxeturas sen cercionarnos logo de se son certas ou non. Expresarse coa maior claridade da que sexamos capaces tamén é algo que nos axudará.Abrir a mente e decatarnos de qué todos somos diferentes e temos o noso xeito de ver a realidade é fundamental , para todo na vida, pero neste caso tamén axuda a evitar malos entendidos e situacións indesexadas.