
A nosa sociedade foi durante moitos anos fruto da opinión duns poucos que impoñían as normas e as modas, as cales eran seguidas polo resto da poboación. En toda sociedade vaise evolucionando e o que hoxe parece unha aberración, mañá convírtese en algo valorado e moderno.
O problema aparece cando alguén decide saltarse as norma estipuladas e cambia a forma de facer as cousas, por suposto estará no punto de mira do seu círculo social e será criticado e recriminado pola súa actitude pouco apropiada.
Canto máis nos importe o que os demáis pensen de nós, canto máis nos frenemos en realizar accións lexítimas por temor á impresión allena, tanto máis evidenciamos o moito que a nosa imaxe depende do concepto que os outros teñan e esa dependencia é insana. Hai gran cantidad de vivencias positivas e de oportunidades das que nos privamos por ese temor.
Este freo resulta nocivo en dosis elevadas é preciso propoñerse, sin ofender a ninguén , actuar como nos pide o noso ser e consideramos lícito .
Os seres humanos, vivimos condicionados polo que dirán.E a veces temémoslle tanto que acollemos todo o que nos propón a sociedade
É máis doado soster, manter que transformar, porque a regra do mundo é camiñar ó son dos demáis, manter unha apariencia que sexa aprobada pola sociedade, mentras que o CAMBIO implica arriscar, propoñer, innovar, renovar, e danos medo facelo, polo qué dirán.
Deixar de lado o que verdaderamente somos para agradar a outros ou para ser aceptado ten un costo demasiado alto, que non vale a pena pagar. E, finalmente, o resultado nunca é o desexado, xa que é tanto o que deixamos no camiño, que o obxectivo alcanzado perde valor.
Ser fiel a un mesmo, é primordial. Isto quere decir, por suposto, respetar os demáis ó levar a cabo as nosas accións, telos en conta, non facer dano. Pero tamén, priorizar a nosas necesidades e os noso desexos, e facelos valer da mellor maneira que podas
.
“O 50% da xente vaite querer, fagas o que fagas, e o outro 50% da xente non te vai querer, fagas o que fagas. Entón, o mellor é que sempre sexas ti mesmo. A curto ou a longo prazo, agradecerascho.”Merlina Meiler