Mostrando entradas con la etiqueta cumpreanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cumpreanos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de abril de 2011

Segundo cumpreblogue


Levo uns días un tanto atarefada e cun millón de cousas na cabeza ,pero botando un ollo na esfera bloguil como fago case todos os días acabo de lembrar que xusto onte fixo dous anos que comecei a escribir neste pequeno recuncho da rede do que me apropiei.
Comecei con dúbidas e sen ter moi claro como ía resultar esto, se sería capaz de ser constante para actualizar.Aquí me atopo dous anos despois orgullosa e contenta por chegar ata aquí e con folgos, gañas e ilusión por seguir dándolle vida a este Efecto bolboreta.
De novo agradecervos a todos os que pasades por aquí con máis ou menos asiduidade e deixades os vosos comentarios ou non , vós dades sentido a que esto siga para adiante.Apréciasevos!

Música para festexar, que xa fai moito que non se escoita música neste blogue.

jueves, 29 de abril de 2010

Un ano de blogue


Pois así sen darme conta xa levo un ano de blogue..hai que ver como pasa o tempo.
Se teño que facer balance deste último ano no persoal teño que decir que non foi un mal ano, hai algunhas cousas que cambiaron bastante...para mellor.. e outras seguén o mesmiño que sempre...pero virxenciña, virxenciña que me quede como estou.
E se teño que elexir o mellor deste último ano sen lugar a dúbidas quédome co nacemento do meu primeiro sobriño, unha nova personiña fermosa que xa forma parte da miña vida.
No que se refire o blogue...con él conseguín o que me propuña nun principio ter un lugar onde expresarme e escribir sobre aquelo que me apetecese. Serviume para expoñer ideas sempre intentado buscar outra forma de mirar a realidade.O mellor moitas veces fun excesibamente optimista, pero creo que o optimismo e o mellor primas para mirar a vida.
O peor de todo é que cada vez teño menos tempo para acercarme por aquí para postear ou para pasarme polos vosos blogues a pasar un bo ratiño de lectura agradable.De tódolos xeitos máis o menos a miudo por aquí seguirei.
Para celebrar este primeiro aniversario deixo aquí unha canción de Bebe que me gusta moito,moito.
Grande artista esta moza!!!!!