martes, 5 de abril de 2011

A quen lle importa......


A nosa sociedade foi durante moitos anos fruto da opinión duns poucos que impoñían as normas e as modas, as cales eran seguidas polo resto da poboación. En toda sociedade vaise evolucionando e o que hoxe parece unha aberración, mañá convírtese en algo valorado e moderno.
O problema aparece cando alguén decide saltarse as norma estipuladas e cambia a forma de facer as cousas, por suposto estará no punto de mira do seu círculo social e será criticado e recriminado pola súa actitude pouco apropiada.
Canto máis nos importe o que os demáis pensen de nós, canto máis nos frenemos en realizar accións lexítimas por temor á impresión allena, tanto máis evidenciamos o moito que a nosa imaxe depende do concepto que os outros teñan e esa dependencia é insana. Hai gran cantidad de vivencias positivas e de oportunidades das que nos privamos por ese temor.
Este freo resulta nocivo en dosis elevadas é preciso propoñerse, sin ofender a ninguén , actuar como nos pide o noso ser e consideramos lícito .
Os seres humanos, vivimos condicionados polo que dirán.E a veces temémoslle tanto que acollemos todo o que nos propón a sociedade
É máis doado soster, manter que transformar, porque a regra do mundo é camiñar ó son dos demáis, manter unha apariencia que sexa aprobada pola sociedade, mentras que o CAMBIO implica arriscar, propoñer, innovar, renovar, e danos medo facelo, polo qué dirán.
Deixar de lado o que verdaderamente somos para agradar a outros ou para ser aceptado ten un costo demasiado alto, que non vale a pena pagar. E, finalmente, o resultado nunca é o desexado, xa que é tanto o que deixamos no camiño, que o obxectivo alcanzado perde valor.
Ser fiel a un mesmo, é primordial. Isto quere decir, por suposto, respetar os demáis ó levar a cabo as nosas accións, telos en conta, non facer dano. Pero tamén, priorizar a nosas necesidades e os noso desexos, e facelos valer da mellor maneira que podas.

“O 50% da xente vaite querer, fagas o que fagas, e o outro 50% da xente non te vai querer, fagas o que fagas. Entón, o mellor é que sempre sexas ti mesmo. A curto ou a longo prazo, agradecerascho.”Merlina Meiler

14 comentarios:

  1. Muy bueno.
    No se puede gustar a todos, si así fuera algo iría mal.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Eu sei do exemplo de Xesucristo. Seica era o home máis bo do mundo e aínda así rematou crucificado.

    ResponderEliminar
  3. Partindo da reflexión que pós ó final, con un mínimo esforzo...(o 50% xa o temos antes de empezar)podo jobernar a "máquina dos chourizos". Necesito atador@s!!! :-)

    ResponderEliminar
  4. Yo creo que tu texto habla ni más ni menos de un mal de nuestra época que es el individualismo, funcional a la manera en que se manejan las cosas en el sistema.

    Es una pena que pase esto... Pero pasa. Y la manera de combatirlo, creo yo, es apostando por ejemplo por el arte.

    ResponderEliminar
  5. Eu partindo da base que aquí expós, voume deixar de caralladas e tirar para a praia nudista que é donde mellor se está. E que digan o que queiran cando saia desnudo da auga fría!

    Un biquiño!

    ResponderEliminar
  6. O mais importante é ser un mesmo aínda que eso leve consigo certas doses de críticas e incomprensión.

    ResponderEliminar
  7. Eu creo que o refrán:
    "na terra dos lobos
    hai que oubear coma todos"
    xa quedou un pouco desfasado.
    Eu penso que
    cada quen goberne
    a súa vida como poida
    respectando a dos demáis.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  8. Gaeron: moitas gracias!
    Biquiños!
    la reina del mambo: una gran verdad lo que dices..Y ha de ser así, somos todos tan diferentes...por ello debería de haber más respeto por la diversidad y por lo diferente a uno mismo.
    Besiños!
    paideleo: un bo exemplo!! Era alguén que pensaba diferente e era transgresor( eu así o interpreto) e isto non se suele perdonar, en cada tempo esto se castiga dun modo diferente.
    bicos!
    Chousa: non estamos no tempo de atar chourizos :P
    Biquiños!!
    Adriófenes: si, apostar por el arte y apostar por una educación diferente donde se tengan en cuenta los valores como la tolerancia y no solo los conocimientos teóricos.
    Besiños
    bitelino: así me gusta, un valente!!!! :)
    Raposo: sí, que importa agradar o demáis se ti non te sintes ben coa túa forma de ser ou actuar.
    Biquiños!
    Marisa: So temos unha vida e é unha lástima desperdiciala vivindo de cara a galeria e non como realmente queres facelo.
    Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  9. Muy buena reflexión al final. Es absurdo fingir ser otro o trazar estrategias de éxito sobre tu personalidad. Sé tú.

    Besos!

    ResponderEliminar
  10. A frase de Merlina Meiler venme que nin pintada para xustificarme jeje. Non, en serio, non podemos evitar tratar de gustar a quen queremos, e sin percatarnos nós mesmos coartámonos. E algo que non paramos de facer desde que nacemos, para obter a aprobación da mamá e do papá. A nosa sociedade fuciona grazas a ese principio: non ter a reprobación social.
    De aí tamén a doble moral, penso eu.

    ResponderEliminar
  11. Olá passo por seu blog para convidar você a visitar o meu que é dedicado a cultura. De segunda a sexta feira noticiário cultural aos sábados minha coluna poética ás 09 horas da manhã e ás 5 da tarde Chá das 5 sempre com uma participação especial. Irei aguardar sua visita lá. Abraços sucesso em seu blog. O endereço é informativofolhetimcultural.blogspot.com

    Magno Oliveira
    Twitter: @oliveirasmagno ou twitter/oliveirasmagno
    Telefone: 55 11 61903992
    E-mail oliveira_m_silva@hotmail.com

    ResponderEliminar
  12. O máis dfícil é aprender a dicir NON cando queremos dicilo. De pequenos pasamos por esa fase, pero o mundo que nos rodea fai que supeditemos o que desexamos ao que esperan de nós. A practicar!

    ResponderEliminar
  13. Cris: algo tan sencillo y complicado a la vez..ser uno mismo.
    Besitos!!

    zeltia: sí, levas razón cando dis que buscamos cando somo nenos buscamos a aprobación dos nosos pais, isto forma parte do noso desenrolo moral,así aprendemos a seguir as normas.Pero cando medramos tamén debemos aprender a discernir que normas son adecuadas e cales non.Seguir o rebeño sen cuestionalo nalgún momento o meu entender non é o máis axeitado.
    Biquiños e mil gracias polo teu comentario.

    Kaplan:Sí é unha magoa deixar de lado os nosos desexos para agradar a outros. Practiquemos asertividade e practiquemos o seguir un pouco máis as nosas propias metas e desexos.
    Biquiños!

    ResponderEliminar