
Cando vemos ou vivimos un feito sempre poden haber varias interpretacións. Por exemplo, un señor cae na rúa e veno tres persoas: a primera di que tropezou, a segunda que o empuxou alguén cando pasou o seu lado e a terceira que tivo un desvanecemento; a realidade é que só tropezou. E o número podería ser variopinto e cada unha das persoas que viran o feito contaríano de diferente forma, sendo só unha a realidade.Un mesmo acontecmento suele ter varias versións e pode que moi distintas entre elas dependendedo de quen as viva.
Ver sempre o que se quere ver é unha forma de cegueira. Estamos presos da nosa única maneira de ver as cousas, nada é nin branco nin negro, todo depende. Curiosamente na maioría das discusións todos e ninguén teñen a razón.
As veces pechámonos nunha idea e iso fai que nos perdamos un montón de outras ideas algunhas interesantes e outras non tanto , pero dende logo seguro que se poden complementar e conseguir puntos de vista e acordos diferentes.
Se vemos as cousas sempre dende o cristal da nosa historia, dende os nosos prexuicios e creencias ¿podémos estar certos de que as cousas son tal como pensamos? Olvidámonos de que hai outros puntos de vista e outras formas de pensar e incluso de vivir.Moitas veces só hai que molestarse en ver as cousas dende outro punto de vista. Un punto de vista é tan só unha maniera de ver as cousas, nin a única, nin a mellor, nin á acertada.
Cando non queremos ver a realidade preferimos ver o que queremos ver. Defendemos con uñas e dentes o propio punto de vista, a nosa versión dos feitos.Vemos e lemos todo dende o que nos marcou na nosa historia persoal. A mirada que importa é a nosa, o que ven os demáis é irrelevante.
Pero nunca deberiamos olvidar que dende o noso punto de vista nunca podemos ver o todo, só se ve unha parte, por eso se suele decir que todo depende de según como se mire.
Algo enriquecedor sería poder compartir as nosas versións dos feitos, contrastalas, falar sobre como interpretamos o que vemos e vivimos, escoitar os demáis para saber como viven e interpretan unha mesma realidade.Alguén que nos de unha perspectiva da realidade distinta da nosa, permítenos coñecer outra realidade. Sobre unha realidade hai múltiples puntos de vista e un non coñece toda a realidade se non coñece outros puntos de vista.