viernes, 29 de julio de 2011

Cada quen coa súa película


Cando vemos ou vivimos un feito sempre poden haber varias interpretacións. Por exemplo, un señor cae na rúa e veno tres persoas: a primera di que tropezou, a segunda que o empuxou alguén cando pasou o seu lado e a terceira que tivo un desvanecemento; a realidade é que só tropezou. E o número podería ser variopinto e cada unha das persoas que viran o feito contaríano de diferente forma, sendo só unha a realidade.Un mesmo acontecmento suele ter varias versións e pode que moi distintas entre elas dependendedo de quen as viva.
Ver sempre o que se quere ver é unha forma de cegueira. Estamos presos da nosa única maneira de ver as cousas, nada é nin branco nin negro, todo depende. Curiosamente na maioría das discusións todos e ninguén teñen a razón.
As veces pechámonos nunha idea e iso fai que nos perdamos un montón de outras ideas algunhas interesantes e outras non tanto , pero dende logo seguro que se poden complementar e conseguir puntos de vista e acordos diferentes.
Se vemos as cousas sempre dende o cristal da nosa historia, dende os nosos prexuicios e creencias ¿podémos estar certos de que as cousas son tal como pensamos? Olvidámonos de que hai outros puntos de vista e outras formas de pensar e incluso de vivir.Moitas veces só hai que molestarse en ver as cousas dende outro punto de vista. Un punto de vista é tan só unha maniera de ver as cousas, nin a única, nin a mellor, nin á acertada.
Cando non queremos ver a realidade preferimos ver o que queremos ver. Defendemos con uñas e dentes o propio punto de vista, a nosa versión dos feitos.Vemos e lemos todo dende o que nos marcou na nosa historia persoal. A mirada que importa é a nosa, o que ven os demáis é irrelevante.
Pero nunca deberiamos olvidar que dende o noso punto de vista nunca podemos ver o todo, só se ve unha parte, por eso se suele decir que todo depende de según como se mire.
Algo enriquecedor sería poder compartir as nosas versións dos feitos, contrastalas, falar sobre como interpretamos o que vemos e vivimos, escoitar os demáis para saber como viven e interpretan unha mesma realidade.Alguén que nos de unha perspectiva da realidade distinta da nosa, permítenos coñecer outra realidade. Sobre unha realidade hai múltiples puntos de vista e un non coñece toda a realidade se non coñece outros puntos de vista.

12 comentarios:

  1. Penso que a mellor
    maneira de ve-las cousas
    é tendo unha mente aberta
    a tódalas opinións posibles,
    dende este campo sen gaiolas
    é máis doado facerse cunha
    opinión propia.

    Bicos de verán.

    ResponderEliminar
  2. La realidad objetiva se evapora con tanta facilidad que no hay una única realidad. Buen post. bss

    ResponderEliminar
  3. Hai unha única realidade pero moi distintas interpretacións da mesma. O problema é que os feitos son un sómente pero o xusto ou inxusto é un criterio tan subxectivo que case podemos dicir que é imposible ser xusto desde un punto de vista obxetivo.

    As veces somos teimudos de carallo, compre escoitar máis ca falar.. Algo que eu personalmente poucas veces fago..

    ResponderEliminar
  4. Xa se sabe: todo é segundo a cor do cristal con que se mira. Engada á súa historia do home que caeu na rúa a posibilidade de que un dos que miraba lle contou o feito a outro que llo contou a outro que llo contou a outro que acabou contando por último que un home fora asaltado por unha banda de orientais que lle extirparon órganos vitais para traficar con eles nas redes intenacionais.
    Enfín, que pase un bon vrao.

    ResponderEliminar
  5. Iso que dis é o que os canteiros chamamos subxetivación da perspectiva. Dase moito cando o xefe considera que debíamos fender quincuacentas pedras por segundo sin despeinarnos sin decatarse de que todos na canteira (agás eu e mailo aprendiz) son calvos...

    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. ya lo cantaba pau dones, ya! hay muy pocas verdades absolutas. quien se crea en posesión de muchas está absolutamente equivocado. o eso creo yo, vamos.

    ResponderEliminar
  7. Marisa: biquiños de verán para ti tamén.Hai que tentar ser flexibles e abertos como ti dis.
    :)

    Javier Divisa:casi hay tantas realidades como personas, por eso intentar conocer otros puntos de vista nos enriquece, creo yo!
    besitos!

    Jorge V: todos somos algo egocénticos e resultanos dificl poñernos no lugar doutros e iso empeora se non somos capaces de escoitar , un gran problema dos nosos días.
    biquiños!
    Kaplan: por eso eu dou pouco creto a certas cousas maliciosa que se van contando por ahí, por cantas máis persoas pasou o conto menos verdade hai, todos poñen algo de selo persoal.
    bicos e bo verán!
    Chaousa: jajajaajja.Xa ves..os xefes sempre teñen unha visión moi diferentes das dos empregados.Que lle imos facer.
    Biquiños!!!
    raúl: coincido contigo, pienso lo mismo.
    besotes.

    ResponderEliminar
  8. A min paréceme fascinante iso de que cada un interprete á súa maneira o que ve... Moi curioso! A saber canto hai de verdade nos libros de Historia! Bicoss

    ResponderEliminar
  9. Ademais da interpretacións hai un ingrediente mais, o afán de notoriedade, o protagonismo de contar o que ata non vimos. Días pasados un cidadán romanés en Barcelona, achacou unha ferida de bala a un compatriota que estaba atrincheirado no piso, algúns cidadáns relataban aos medios que viran a un home disparando e asomado pola fiestra do citado piso, ao final no piso non había ninguén e ao parecer o individuo feriuse ao manipular unarma de fogo.

    ResponderEliminar
  10. Magadalena Molungo: e tantoque si, iso me pregunto eu as veces.
    biquiños!
    Xan:de aí o dito, do que ves cree a metade e do que non ves a metade da metade.
    biquiños!!!

    ResponderEliminar
  11. É certo que a idea que un se fai das cousas non é sempre a adecuada, e escoitando outras opinións, abríndose á interpretación dos outros temos máis puntos para adecuar a idea á realidade. Só que é moi difícil aceptar que haxa outras visións distintas da nosa e que poidan ser incluso máis acertadas. Para min é sempre un esforzo, pero que ten a sua compensación (fastídiame aceptar que estaba errado)

    ResponderEliminar
  12. Muchas veces es difícil aceptar y tolerar opiniones ajenas, sobre todo cuando son diferentes a nuestras posturas.

    Aun así, el intento vale la pena ya que puede enriquecernos.

    Ojalá muchos podamos tener la virtud de saber escuchar.

    Saludos cálidos.

    ResponderEliminar