
A maneira de pensar inflúe moito na saúde física dos seres humanos. A ciencia médica fixo novos descubrimentos sobre como a mente positiva ou negativa afecta á nosa saúde física. Varios experimentos demostraron que o noso cerebro comunicase co resto do noso corpo por medio de sustancias químicas que produce e que envía a través do torrente sanguineo.Esta nova rama da ciencia coñécese polo nome de psiconeuroinmunoloxía.
O sistema inmunóloxico, traballa en equipo coa nosa mente e de acordo ó que pensemos.Os nosos niveis de estrés, de optimismo e as nosas expectativas afectan ó noso organismo dunha maneira positiva ou negativa.
As persoas con pensamento positivo e as que son optimistas non só disfrutan máis da súa vida pero tamén disfrutan dunha saúde mellor que os pesimistas e os que pensan negativamente.
O optimismo é fonte de saúde, de enerxía e o mellor amigo do noso sistema inmunolóxico. As persoas que teñen un pensamento positivo e padecen enfermidades graves xeralmente recuperanse máis rápidamente que os que se sinten acabados e sen esperanza.
Calquera pensamento xera inmediatamente unha emoción, que a súa vez condiciona a nosa maneira de actuar. Concebir pensamentos que provoquen instantáneamente emocións como a ledicia, a paz, a armonía e o benestar reforzan o noso sistema inmunolóxico e, por ende, melloran notablemente a nosa saúde e calidade de vida.
En cambio, se pensamos negativamente o único que conseguimos é envenenarnos a nos mesmos con emocións tan nocivas e destructivas como o odio, a ira, o resentimento etc. E máis vale ter coidado: co tempo vamos creando sólidas redes neuronais, que poden chegar a convertirnos en adictos a este tipo de emocións, o que xera que a nosa vida oscurezca arrastrándonos a tristura e a desesperanza.
Un pensamento negativo deixa o sistema inmunitario nunha situación delicada durante seis horas... afirma o doutor Mario Alonso Puig
