sábado, 15 de agosto de 2009

Seis grados de separación

A todos nos pasau alguna vez; empezas a falar cunha persoa que acabas de coñecer e descobres que é (por exemplo) curmán dun amigo da universidade, noutras palabras, resulta que este perfecto descoñecido e ti estades conectados por unha persoa en común
Seis grados de separación é unha teoría que intenta probar o dito de "o mundo é un pano", dito doutro modo, que calquera na Terra pode estar conectado a calquera outra persoa do planeta a través dunha cadena de coñecidos que non ten máis de cinco intermediarios (conectando a ambas persoas con só seis enlaces).

Segundo esta Teoría, cada persoa coñece de media, entre amigos, familiares e compañeiros de traballo ou escola, a unhas 100 personas. Se cada un deses amigos ou coñecidos cercanos se relaciona con outras 100 persoas, calquer individuo pode pasar un recado a 10.000 persoas máis tan so pedindo a un amigo que pase a mensaxe os seus amigos.

Estos 10.000 individuos serían contactos de segundo nivel, que un individuo no coñece pero que pode coñecer fácilmente pedindo os seus amigos e familiares que llo presente.Este argumento supón que os 100 amigos de cada persona non son amigos comúns. En na práctica, esto significa que o número de contactos de segundo nivel será sustancialmente menor a 10.000 debido a que é moi usual ter amigos comúns nas redes sociais.

Se esos 10.000 coñecen a outros 100, a red ampliariase a 1.000.000 de persoas conectadas en nun tercer nivel, a 100.000.000 nun cuarto nivel, a 10.000.000.000 nun quinto nivel e a 1.000.000.000.000 nun sexto nivel. En seis pasos, e coas tecnoloxías dispoñibles, poderíase enviar unha mensaxe a calquer individuo do planeta.


A historia desta teoría coincide coa publicación do libro “Chains” do escritor Frigyes Karinthy no ano 1929. Nun principio tomouse como unha mera lenda urbana, pero máis tarde,na década dos 50, dous científicos da IBM e MIT propuxeronse demostrala matemáticamente e nos 60 o psicólogo Stanley Milgram probouna empíricamente facendo un sinxelo experimento: Propuxolle a varias persoas que tratasen de contactar con outras das que só poseían de información o nome e a localización aproximada da súa residencia utilizando tan so unha cadea de coñecidos. Comprobou que a media de intermediarios que debía haber entre unha persona e outra era de seis.

Co desenrolo das novas tecnoloxías e de Internet, levaronse a cabo experimentos máis abertos para demostrar a veracidade desta teoría. Un exemplo é o xogo de Kevin Bacon, un actor dos EEUU que propuxo os internautas que o relacionasen con calquer outro actor do mundo a través de actores que nalgún intre traballaran con él.

Pois ben esta entrada hoxe ven a que nos facebook están a realizar un novo experimento para tratar de demostrar esta teoría ,eu xa me apuntei, a ver se sae algo de ahí, tereivos informados.

3 comentarios:

  1. Un experimento ben interesante.

    Tes razón este mundo é un pano.

    Xa nos contarás como acaba o de
    facebook.


    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Está claro que o mundo é un pano. O do experimento está ben, pero eu non sei se me será mellor estar quietiña, non vaia ser, que aparezan conexións raras malas...jijiji

    Biquiños interconectados!!!

    ResponderEliminar
  3. Pois si que o mundo é un pano, a pesar do grande que parece.O do experimento ha de estar ben, pero esa creo que é unha verdade indiscutible, case que non fai falla demostrala.
    Si, o das conexións indesexadas é para temerlle Maruchi, non pensara niso, jejeje.
    Bicos para as dúas

    ResponderEliminar