lunes, 21 de septiembre de 2009

O camiño de sempre


Un día, un becerro tivo que atravesar un bosque virxe para volver a súa morada. Como era un animal irracional, abriu un sendeiro tortuoso, cheo de curvas, subindo e baixando colinas.O día seguiente, un can que pasaba por alí usou ese mesmo sendeiro para atravesar o bosque. Despóis foi o turno dun carneiro, xefe dun rabaño, que vendo o espazo xa aberto fixo que os seus compañeiros seguiran por alí. Máis tarde, os homes comenzaron a usar ese sendeiro: entraban e saían, xiraban á dereita e á esquerda, descendían, desviabanse dos obstáculos, queixándose e maldicindo, con toda razón. Pero non facían nada para crear unha nova alternativa.Despois de tanto uso, o sendeiro acabou convertido nun amplo camiño onde os pobres animais cansaban baixo pesadas cargas, obrigados a percorrer en tres horas unha distancia que podería haber sido vencida en trinta minutos se non houberan seguido a vía aberta polo becerro.Pasaron moitos anos e o camiño convirtiuse na rúa principal dunha aldea e, finalmente, na avenida principal dunha ciudade. Todos se queixaban do tránsito, porque o traxecto era o peor posible.Mentras tanto, o vello e sabio bosque ría, ó ver que os hombres teñen a tendencia a seguir como cegos o camiño que xa está aberto, sen preguntarse nunca se esa é a mellor elección.
¿Seguir o rebaño ou buscar alternativas?¿Aceptar o preestablecido ou cuestionalo buscando algo diferente?¿Empeñarnos unha e outra vez tropezando na mesma pedra ou evitala sorteandoa dun novo xeito?

7 comentarios:

  1. Eu son de rebaño só nun caso, cando teño que facer unha cousa que nunca fixen, ahí si me fixo no que fan os demáis e fago o mesmo. Pero a excepción diso sempre procuro buscar alternativas e alonxarme do rebaño.

    Biquiños a moreas!

    ResponderEliminar
  2. En realidad, es así. Tenemos la mala tendencia a conformarnos con el camino que tenemos enfrente cuando si podemos ampliar un poco nuestro punto de vista; vemos que a los lados podremos tener unos caminos mucho más faciles...ñeee

    Un besazo

    ResponderEliminar
  3. El espíritu gregario es mucho más común que el espíritu independiente. Tienes razón. Esta fábula explica por qué demonios muchas carreteras parecen estar trazadas por un burro de caminar errático.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume o teu conto,
    coido que somos todos
    un pouco de rebaño,pola
    comodidade de deixarse ir
    sen loitar contra a corrente
    poque iso non é tan doado.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  5. Hola rapazas!!
    Maruxi: está ben iso, cando non se sabe como vai o tema o mellor é fixarse nos demáis, ainda que non ten porque ser a forma correcta o que fai todo o mundo, pero hai que comprobalo.
    Buttersflies: eso es por la dichosa comodiad, ir por otro lado a veces puede ser costoso y además provocar incomprensión en los demás.
    Rosa: si, a veces nos hacen caminos que es incomprensible que puedan ser así, a veces el sentido común es el menos común de todos sentidos.
    Marisa:dende logo é máis fácil deixarse levar, ir contra corrente pode ser unha dura batalla.
    A min non me gusta seguir o rebaño, non me gusta seguir determinadas normas porque así está establecido, no creo que teña que seguir uns camiños cando quero ir por outros, vamos, que non me gusta que alquén xa teña "decidido por min" como son as cousas ou como se teñen que facer.Pero esto no é fácil.
    Sempre pensei que os camiños preestabecidos facian moito mal as persoas, porque crea necesidades, porque a xente se forza a seguilos, e porque fan que perdamos liberdade e o final non vivimos a vida o noso gusto senon como creemos que está ben que a vivamos.
    Un bico para cada unha.

    ResponderEliminar
  6. Tal cal.
    Somo bichos rutinarios que siguen a senda que outro, a saber con que fin, creou. Hai moita perguiza e poucas ganas de innovar.

    (Eu non che sei se en troques dun becerro sería un burro o que iniciou a senda...)

    Bicos detrás das orellas (por aquelo de innovar)

    ResponderEliminar
  7. Chousa:
    Detrás de determinados camiños hai determinados intereses pouco honorables.
    Bicos moi innovadores ese, jajajaja
    Bicos esquimós ( non me quero quedar atrás na innovación)

    ResponderEliminar