miércoles, 4 de noviembre de 2009

¡Decepción!

Moitas veces vemos a determinadas persoas como os imaxinamos ou supñemos que son, ben sexa por engano deles ou de falsas impresións.A decepción aparece cando lle adxudicamos a unha cousa, situación ou persoa atributos que non ten e "descubrimos" que non os posúe.Entón, podemos desilusionarnos, desencantarnos, frustrarnos, contrariarnos, caer no despeito... desesperanza, tristura, polo chasco que levamos.

Ainda que as decepciónss, nalgunhas ocasións, dependen da forma como nos mesmos percibimos, sen dubida que tambén as provocan os enganos, sobre todo cando algunha persoa falta á verdade no que nos di ou na forma de actuar.

No campo do amor, sempre a parella desperta sentimentos, ilusións, esperanzas , e prespectivas de futuro. Quérese ser feliz,ou ter un fogar, en moitos casos fillos ........ entre tantas cousas. Cando estes obxectivos ou expectativas non se logran, surxen decepcións de vida. En innumerables casos, as parellas cando se namoran, vense mutuamente a través do prisma do amor. Esto moitas veces distorsiona a realidade. Así consíguese minimizar ou ignorar defectos persoais e incrementar ou distinguir virtudes inexistentes. Logo dun tempo e moitas veces coa convivencia descúbrese o outro tal y cual é aparece o desengano, a decepción. Da ilusión pasamos á desilusión. Sáese do engano ou do erro de apreciación no que se estaba.

Noutras ocasións a publicidade enganosa, a propaganda política ou a sobrevenda dunha idea ou producto lévanos a crear expectativas persoais en torno a algo o alguén que o non darnos o esperado decepcionanos.

O primordial para non ser decepcionados permanentemente, é intentar ser o máis obxetivos que podamos, non crearnos falsas esperanzas, evaluar as situaciones evitando xuizos emocionais, e valorar e apreciar ás persoas na súa xusta dimensión.Cousa complicada as veces, ¿non si?


Outra cuestión que se nos presenta é que sexamos nos mesmos quen decepciona a un terceiro e este nos di: "¡estou decepcionado!". O cal nos pode producir dor e sentimento de culpabilidade. Para previr que esto ocurra tratemos de non mentir, non aparentemos ser o que non somos, sexamos auténticos e mostremos as nosas virtudes así como os defectos. Cousa que según para quén tamén pode resultar un tanto difícil.

8 comentarios:

  1. decepción, vella coñecida...
    é difícil, como ben dis, nos facerse ilusións coa xente e ser obxetivos en determinadas situacións, dixen difícil??? quería decir imposible jijiji, así que a disfrutar as cousas mentres duren, por se ben a decepción despois.

    Biquiños nena!!!

    ResponderEliminar
  2. Non estou de acordo de todo...as veces non é a decepción a que leva a unha parella o fin da relación,sinxelamente o amor esgótase e vai morrendo;non por iso a persoa ca que compartiches parte da vida é decepcionante, só que mudan os sentimentos, porque ó largo dunha vida as necesidades,os obxetivos, as ilusións, trocan;estou con Maruxiña,Disfrutar das cousas mestres duren...Un Saudo

    ResponderEliminar
  3. O amor é cego.
    Por iso vemo-las
    cousas distorsionadas.
    Cando cae a venda
    dos ollos é cando
    ven a decepción.

    Estou con maruxiña
    disfrutar mentras poidamos.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Maruxiña:si que é difícil ser obxetivos, sobre todo no caso dun amor, pero tamén pasa na amistade, bas relacións familiares. Levamos chascos unha e otra vez precisamente porque resulta complicado ser obxetivo e por outra banda hai xente que engaña moito.Eu sempre digo que hai que disfrutar do bo mentres dure, esperando sempre que dure moito.
    Anónimo:tes toda a razón hai máis motivos polos que unha parella rompe,o levarte unha decepción coa persoa que amas é unha delas.
    Marisa:si, din que o amor é cego, e é unah verdade coma un templo, o cegos que podemos estar as veces...canto máis cegos máis dura pode ser a realidade despois..ou non. Non quero ser pesimista, no se da sempre o importante é non idealizar moito a outra persoa, porque canto máis idealizada a teñamos máis fácil vai ser decepcionarse.
    Bicos a moreas para todas.

    ResponderEliminar
  5. Hola!

    El problema que veo yo son las expectativas que nos creamos hacia los demás. Uno puede ilusionarse ante una nueva amistad o amor y esperar un mundo, aunque el otro tal vez ni siquiera dé un mísero indicio. Entonces, todo está en la cabeza del que luego es la "víctima", el "dolido", el "ninguneado", y no, señores. Quien no ha prometido nada ni ha dado a entender nada que no es, no tiene por qué sentirse mal por el pesar de otro.

    Besets

    ResponderEliminar
  6. Hola Majo:
    Estoy de acuerdo contigo no hay porque sentirse mal cuano no se ha hecho nada para que la otra persona tenga indicios o expectativas de...lo que sea. En estos casos la gente ve aquello que quiere ver y no la realidad, lo que les llevará seguro a una decepción y todo lo que conlleva.
    Gracias por tu aportación, bienvenida.
    Besets

    ResponderEliminar
  7. bufffffffffffff tema espinhoso!!!!!!!!!!! Non é doado mirar as coisas sen o prisma enganoso do amor, e tampouco é doado ser de todo sincero e ser un mesmo para non danar a un terceiro... sobre todo cando as verbas apaixoadas e salvadoras andan a facerche as beiras. Non todo o que dicimos e escoitamos é real, e nos temas de amoríos nunca fun boa conselheira asi que repito o que moitos comentan...disfruta mentras podas, que vida só hai unha.

    ResponderEliminar
  8. Vintuxa: Dende logo non é fácil, todos estivemos nalgunha das situacións, ou nos enganaron, ou nos sentimos enganados ainda que nos falasen craro, ou non fumos quen de ser plenamente sinceros con ourt@s...etc, etc.Moitas veces certas cousas non están nas nosas mans, so penso que as veces hai que tratar no que se poda de nin mancar , nin ser mancado..ou minimizar eses danos, algo se pode facer (doado non é).
    Totalmente de acordo co de disfrutar de cada momento...sería un gran erro non facelo.
    Un bico grande

    ResponderEliminar