jueves, 3 de junio de 2010

Fortalezas personais


Dentro da Psicoloxía Positiva, desarrollouse unha clasificación das principais características personais, agruparonse primeiro en seis virtudes, as cales a súa vez agrúpanse en total 24 fortalezas personais.

SABEDORÍA E COÑECEMENTO: Fortalezas cognitivas que implican a adquisición e o uso do coñecemento.

1.Curiosidade, interés polo mundo.Ter interés polo que sucede no mundo, encontrar temas fascinantes, explorar e descubir novas cousas.

2.Amor polo coñecemento e a aprendizaxe
.Chegar a dominar novas materias e coñecementos, tendencia continua a adquirir novas aprendizaxes.

3.Xuizo, pensamento crítico, mentalidade aberta .Pensar sobre as cousas e examinar tódolos seus significados e matices. No sacar conclusións ó azar, senon tras evaluar cada posibilidade. Estar disposto a cambiar as propias ideas en base á evidencia.

4.Inxenio, orixinalidade, intelixencia práctica..Pensar en novos e productivos camiños e formas de facer as cousas. Inclúe a creación artística pero non se limita exclusivamente a ela.

5.Perspectiva
Ser capaz de dar consellos sabios e adecuados ós demáis, encontrando camiños non só para comprender o mundo senon para axudar a comprenderlo ós demáis.

CORAXE: Fortalezas emocionais que implican a consecución de metas ante situacións de dificultade, externa ou interna.

6.Valentía
.Non deixarse intimidar ante a amenza, o cambio, a dificultade ou a dor. Ser capaz de defender unha postura que un cree correcta ainda que exista unha forte oposición por parte dos demáis, actuar según as propias conviccións ainda que eso supoña ser criticado. Inclúe a forza física.

7.Perseverancia e dilixencia..Terminar o que un empeza. Persistir nunha actividade ainda que existan obstáculos. Obter satisfacción polas tarefas emprendidas e que conseguen finalizarse con éxito.

8.Integridade, honestidade, autenticidade
.Ir sempre coa verdade por diante, non ser pretencioso e asumir a responsabilidade dos propios sentimentos e accións emprendidas.

9.Vitalidade e pasixón polas cousas.Afrontar a vida con entusiamo e enerxía.Facer as cousas con convicción e dando todo de un mesmo. Vivir a vida como unha apaixoante aventura, sintíndose vivo e activo.

HUMANIDADE:Fortalezas interpersonais que implican coidar e ofrecer amizade e cariño ós demáis.

10.Amor,apego, capacidade de amar e ser amado
.Ter importantes e valiosas relaciónss con outras persoas, en particular con aquelas nas que o afecto e o coidado son mutuos.Sentirse cerca e apegado á outras persoas.

11.Simpatía, amabilidade, xenerosidadeFacer favores e boas accións para os demáis, axudar e coidar a outras persoas.

12.Intelixencia emocional, persoal e social.Ser consciente das emocións e sentimentos tanto dun mesmo como dos demáis, saber como comportarse nas diferentes situacións sociais, saber que cousas son importante para outras persoas, ter empatía.

XUSTIZA:Fortalezas cívicas que conlevan unha vida en comunidade saudable.



13.Cidadanía, civismo, lealtade, traballo en equipo.Traballar ben dentro dun equipo ou grupo de persoas, ser fiel ó gurpo e sentirse parte del.

14.Sentido da xustiza, equidade..Tratar a todas as persoas como iguais en consonancia coas nocións de equidade e xustiza. Non deixar que os sentimentos personais influan en decisións sobre os outros, dando a todo o mundo as mesmas oportunidades. .

15. Liderazgo
Animar o grupo de que un é membro para facer cousas, así como reforzar as relacións entre as persoas de dito grupo.

MODERACIÓN:Fortalezas que nos protexen contra os excesos.

16.Capacidade de perdoar..Capacidade de perdoar a aquelas persoas que actuaron mal, dándolles unha segunda oportunidade, non sendo vengativo nin rencoroso.

17.Modestia, humildade.Deixar que sexan os demáis os que falen dun mesmo, non buscar ser o centro de atención e non creerse máis especial que os demáis.

18.Prudencia, discreción, cautela
.Ser cauteloso á hora de tomar decisións, non asumindo riscos innecesarios ni dicindo ou facendo nada do que despois un se poda arrepentir.

19.Auto-control, auto-regulación.Ter capacidade para regular os propios sentimentos e accións. Ter disciplina e control sobre os impulsos e emocións.

TRANCENDESCIA:
Fortalezas que forxan conexiones coa inmensidade do universo e proveen de significado a vida.



20.Apreciación da beleza e a excelencia, capacidade de asombro.Saber apreciar a beleza das cousas, do día a día, o interesarse por aspectos da vida como a natureza, o arte, a ciencia…

21.Gratitude. Ser consciente e agradecer as cousas boas que a un lle pasan. Saber dar as gracias.

22.Esperanza, optimismo, proxección hacia o futuro .Esperar o mellor para o futuro e traballar para conseguilo. Creer que un bo futuro é algo que está nas nosas mans conseguir.

23.Sentido do humor.Gustar de reir e gastar bromas, sonrir con frecuencia, ver o lado positivo da vida.

24.Espiritualidade, fe, sentido relixioso.Pensar que existe un propósito ou un significado universal nas cousas que ocorren no mundo e na propia existencia.

Está claro que non é posible que todos teñamos todas estas fortalezas perosais que dalgunha forma fan a nosa vida mellor e nos fon fortes frente as dificultades.Pero seguro que si atoparemos que temos moitas destas fortalezas.Penso que está ben ser consciente delo, valoralas e potencialas.

9 comentarios:

  1. Maravilloso, es un decalogo en el que en la situación actuál, deberiamos reflexionár todos-as.
    Buscando en nuestro interiór un centro de gravedád sustentado en esta relación que haces, deberiamos sentirnos con la suficienta capacidád para superár todos los problemas que nos acechan en estos dias.
    Honradamente, solo alcanzo un 80% de todo lo que enumeras.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Nunca me parei a pensar
    nestas fortalezas
    persoais que nos acompañan
    ó longo da nosa vida,
    agora reflexionando contigo
    fágome máis consciente delas,
    quixera ser posuidora da maioría,
    porque todas son importantes.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. No conocía esta clasificación. ¿Es oficial? Me la voy a copiar para leerla más detenidamente...

    Besitos!

    ResponderEliminar
  4. Carallo, eu coa metade delas xa me conformaría!

    ResponderEliminar
  5. rodericus2009: muchas gracias, un 80% yo creo que está más bien. Enhorabuena!!!!
    Besitos.
    Marisa: está ben sabelo, axuda a coñecernos e tamén a valorarnos.
    Un bico grande.
    Cris: es una de tantas teorías basadas en estudios e investigaciones, no sé si es ofocial...posiblemnete haya más fortalezas que se les hayan olvidado...pero seguro que están gran parte de ellas.
    Besotes.
    Raposo: jajajajaja, eu tamén me conformaba.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Vistas así, un decátase do complicado que é vivir "rectamente". Agora entendo como é que eu ando tan torto, carallo!!!

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Bufff...arredemo!!!...non hai premio para @s que non temos nin a primeira???...(eso é mais complicado..ou???) XD

    saú2

    ResponderEliminar
  8. Chousa:Non creo ande vostede torto nin moito menos...A súa modestia seguro que non lle permite ver as súas fotalezas ....Non se trata tampouco de vivir "rectamente" sobre todo porque cada quen entende por correcto ou "recto" cousas ben diferentes.
    Biquiños

    Anónimo: si, si que debería haber, paréceme ben difícil que non se teña algunha delas.....todos temos algunha....ainda que non apareza ahí que seguro que algunha olvidaro.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Quen son eu para xulgarme a min mesmo...so caería na egolatría...o mellor e pensar que un e moderado e agardar que os demais enfaticen os nosos erros para, dese xeito, corrixilos. Bicos a moreas

    ResponderEliminar