miércoles, 21 de julio de 2010

Necesidade de aprobación


Moitas persoas síntense impulsadas a ser o que no son, ser un mesmo implica o risco enorme de non ser aprobado, de non ser queribles, mostrarnos tal cual somos, pode ser obxeto de críticas, reais ou imaxinarias do resto da xente que nos mira, ou polo menos creemos que nos miran.
Se vemos unha revista de moda, a súas tapas xeralmente devólvennos imaxes, que polo común, non se asemellan a nos, mozas moi delgadas, bonitas e sonrintes, homes ben formados e exitosos, familias felices e sen ningún problema aparente, xente vacacionando en verdadeiros paraisos, pero o mesmo sucede se vemos a publicidade do cine, a televisión, os posters publcitarios da rúa e nin falar das vidrieras de roupa de última moda, onde algúnhas tallas practicamente non existen, a nosa mente empeza a creer que hai algo malo en ser como somos, para ser realmente felices, para ser alguén exitoso e querido, debemos alcanzar ese modelo idealizado de esa soñanda tapa de revista ou ese spot publicitario, entón cómo se pode estar ben sendo un mesmo?
A mirada do outro, a opiniónn do outro, o inconciente desexo de aprobación, a necesidade de ser queridos, son, tal vez sen sabelo nos mesmos, os maiores inimigos do noso benestar, algo que non nos permite ser un mesmo, e polo tanto non nos permite ser realmente felices aquí, agora e tal cual somos.
É importante valorarse un mesmo , a nosa opinión persoal, equivocada ou non é xusto iso, a nosa opinión, os nosos gustos, os nosos desexos, os nosos pensamentos, os noso conceptos morais, políticos e relixiosos, non teñen por que coincidir coa do resto das personas e teñen a maravillosa virtude de ser NOSAS, se o resto as comparte ben e se non as comparte, ben, tampouco deberiamos impoñelas a outros, simplemente é bo disfrutar do que é propio.Se descubrimos que estabamos equivocado nalgo, significa que dalgún xeito medramos como persoas.Ó descubrir o enorme beneficio de ser un mesmo, á aprobación e a opinión do outro vai a deixar de importar

8 comentarios:

  1. Eu, moitas veces, quixera chegar a ese momento no que me plantexe que o enorme beneficio de ser un mesmo xa non deixa tempo para pensar na pena de non selo. É unha loita continuada na que chagamos a inventarnos mil veces para conformar ós ollos que nos miran. Cando un chega...nótaselle, eu aínda ando neso. Un bico con aleteo

    ResponderEliminar
  2. Todos desexamos ser queridos,
    pero non deberíamos renunciar
    de quen somos, porque correríamos o risco de chegar a ser unha caricatura de nos mesmos.

    Alédome moito de atoparte de novo,
    botaba en falta as tuas interesantes verbas.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Maribel-bel: eu creo firmemento no de querer é poder, seguro que o conseguirás pronto.
    O máis importante é aprobarse un mesmo, de ahí nace todo o demáis.
    Un bico.
    Marisa:o máis fermoso de todos e ser querido tal cual un é, por eso intentar aparentar ourtra cousa é conformarse con bastante pouco.
    Moitas gracias Marisa, sempre tes unha boa verba para min.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Moi sabias as túas palabras, que comparto totalmente. Ó certo é que non podo comprender como tanta xente aparta a súa personalidade para intentar gustar ós demais poruqe así é imposible ser feliz, como tamén é moi difícil selo cando sempre nos estamos a preocupar de ser querdios, por moito que nos mostremos como somos, cando sempre temos iso na cabeza, por iso admiro a quen non se preocupa poruq eson as persoas máis felices que coñezo.

    un saudo

    ResponderEliminar
  5. Nada que engadir.

    Só un bico de asentimento :* .. e un artigo :

    http://www.xornal.com/opinions/2010/07/12/Opinion/poder-brando-da-mirada/2010071201153000305.html

    Non é auto-promoción, é busca de empatías. últimamente estou famento delas.

    Ánimo.

    ResponderEliminar
  6. Isia: benvida.O estar agusto cun mesmo sí é parte importante para ser un pouco máis feliz.
    Un bico
    Diego Taboada: xa vexo polo teu artigo que si estamos na mesma "onda".
    Un saudo agarimoso paisano

    ResponderEliminar
  7. Os modelos varían sejún as modas; así que nós non podemos andar a bandazos enjordando en adejasando sejún o justo de quen se tersie (perdón, pero collín asento da costa estes días).

    Bicos (co acento de sempre!)

    ResponderEliminar
  8. Chousa da Alcandra: como me justa ese asento, eu quero falar así.
    O de seguir modelos neste caso ,mire como se mire é pouco saudable.
    Apertas

    ResponderEliminar