viernes, 17 de septiembre de 2010

Meme

Ata min chegou este meme rebotado dende a Cova do Raposo..e aí o vai logo..


Canto tempo levas como blogueiro?

Levo de blogueira ano e medio máis ou menos.Dende abril do ano pasado

Como coñeciches a existencia dos blogues?
Pois non sei moi ben como foi, lembro de ver algunha reportaxe na tele sobre os blogues e co tempo xente que coñecía foi tendo o seu propio e aficcioneime a leer o que se escribía neles.

Cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia?
Sigo con certa asiduidade case todos os que teño enlazados.

Es lector anónimo dalgún blogue?
Sí, de vez en cando pásome por algún blogue que por un ou outro motivo me chama a atención, hai veces nas que remato asomando a patiña e outras so miro.

Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Moitos por nombrar algúns: Marisa, Torreira, Cris, Chousa, Gaeron, Vitxuca, BRABIDO,Butterflieswhioutwins,Maribel-bel...e paro xa pero poderia seguir.....Ahh!!! e lembrarme da miña Maruxiña que xa non anda por aquí.

Con que cinco blogueiros irías de esmorga?
Seguro que moitos deles, faiseme difícil tamén ter que elexir pero a ver....con Vitxuca, con Cris, con Chousa, con C.C e con Merce.
Con que blogger pasarías unha noite de loucura sexual?
Esta pregunta non sei como respondela....uuff! Nin idea.. mmm!!..non respondo para non asustar nin ofender a ninguén. Pregunta compromitidiña.

Namorácheste algunha vez dalgún bloguer?
Eee! Namorarme? Non sei se namorada é a palabra pero si estiven bastante coladiña por un rapaz que resultou ter un blogue ben particular.

Estás satisfeito co teu blogue?

En xeral sí, senon non seguiría adiante con él.

Espallar este meme entre 3 e 5 blogues.
Puuff! Para que me meto eu nestes lios..a ver..pasareillo só a tres blogueiros: Isia, Gaeron e Marisa.Nin que decir ten que non hai ningunha clase de compromiso de seguir co meme.

Como xa fai tempo que non deixo algo de música, aquí queda unha canción de Vetusta Morla que ultimamente escoito moito.Canción con mensaxe, cada quen que a interprete como lle pareza.

10 comentarios:

  1. Tamén eu te tiña nominada, sintoo...tampouco leva moito tempo e acaba sendo divertido. Un biquiño

    ResponderEliminar
  2. Grazas por aceptar a invitación de continuar espallando o meme. O final non custa tanto, eh!
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Para cando poñemos esa esmorga????. É unha idea macanuda!!!

    Un memebico

    ResponderEliminar
  4. Eso digo eu! cando quedamos???? :)))

    biquiños ;)

    ResponderEliminar
  5. Oh! No sé qué es smorga, pero yo también me iría contigo! :)

    Besos!!!

    ResponderEliminar
  6. Eu que lin o cuestionario por casualidade e me atopo con que me toca facelo a min tamén! jaja

    Bueno, se me toca facelo, tocará, a lo menos non é moi longo.

    un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Maribe_bel: non o vira disculpa.Sí o final é divertido e so leva uns minutiños.
    Biquiños.
    Raposo: non hai de que.Tamén serve para saber algo máis de cada blogueiro, imaxino que esa será a finalidade destes memes.
    Bicos!

    Chousa: estou aberta a suxerencias, todo o que sexa ir de troula....
    Bicos!
    Mece: o dito o mellor é complicado poñerse de acordo pero estou aberta a a suxerencias.
    Bicos!
    Cris: eres un cielo. Ir de esmorga es ir de fiesta, de parrandeo. Así que como cada una quiere ir con la otro todo será ponerse de acuerdo y buscar el momento.
    Bicos!
    Isia:Non hai obriga pero se te animas estarei encanta de botarlle un ollo e coñercerte un chisquiño pequeno máis.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Ben vinda a Ithaca, espero que volte máis veces, como virei eu por aquí; de feito, xa agreguei o seu blogo ao meu ambigú.

    ResponderEliminar
  9. Moitas gracias Kaplan, xa estás enlazado para non perderme nada.
    Biquiños

    ResponderEliminar