viernes, 10 de septiembre de 2010

Saúde e psicoloxía


A psicoloxía da saúde é unha rama da psicoloxía que nace a finais dos 70 basándose na idea de a enfermidade física é o resultado non só de factores médicos, senon tamén de factores psicolóxicos (emocións, pensamentos, conductas, estilo de vida, estrés) e factores sociais (influencias culturais, relacións familiares, apoio social, etc.). Todos estes factores interactúan entre sí para dar lugar á enfermidade.
Pódese observar frecuentemente que as enfermedades das persoas son unha forma de expresión que reflexan necesidades, conflictos, frustracións ou medos; que non se poden resolver adecuadamente por medio da conducta e que adoptan formas inadecuadas de canalización que se traducen como autocastigos.

Unha destas manifestacións son as enfermidades recurrentes ou as dores migratorias, que en xeral no revisten gravidade pero dan as molestias necesarias como para perturbar a vida.

Un malestar físico, indica un desequilibrio nunha área do corpo que suele ser moi representativo do conflicto que está afectando a persoa.

Por exemplo, os problemas de columna relacionanse coa rixidez de pensamento e o control; as dificultades dixestivas teñen que ver co non poder asimilar as cousas como son e simbolizan o fracaso do intento de modificalas para poder dixerilas; os trastornos coronarios relacionanse ca autoesixencia, co espíritu competitivo e apasixoado e coa hiperactivitividade;os problemas de cuello e garganta representan os conflictos entre a mente e o corpo.
Por outro lado, unha enfermidade mantén ocupada á mente nun novo obxectivo, que é curarse, que se toma como proxecto en ausencia dun plan de vida como persoa sana.

A xente ocupada, que está comprometida co seu traballo e lle ve sentido a súa vida, non ten tempo para enfermarse e polo xeral suele mantenerse saudable.
Todos os seres humanos poseen sensibilidade e en maior ou menor medida teñen a capacidade de emocionarse.

Existen distintos tipos de emocións, algunhas poden beneficiar á saúde e outras provocar serias enfermidades.

Emocións como o medo, o odio, a preocupación, a tristeza, o resentimento e o rencor, son perxudiciais para a saúde e diminuen a función do sistema inmunolóxico, fadendoo máis vulnerable ás enfermidades. En tanto que as emocións como o amor, a felicidade, o entusiasmo, a alegría e a esperanza, mantéñenos saudables.
O síntoma expresa a naturaleza básica dun paciente e a personalidade revela datos que fai posible unha prevención máis específica ou un tratamiento máis adecuado unha vez que a enfermedad se declara.
Mente e corpo están máis relacionados do que nos podemos chegar a imaxinar, sobre a nosa saúde inflúen moitos factores, podemos chegar a ter unha vida máis saudable, unha mellor calidade de vida se temos todos estes factores en conta e tratamos de melloralos.

8 comentarios:

  1. Ocúrreseme pensar que, tal e como é agora mesmo o modo de vida do común de nós, con prisas para todo, agobios polas razóns máis varopintas, preocupacións que acaban sendo rutina, o normal sería que por haches ou por bes todos tiveramos algún tipo de doenza derivada do mal estado da mente.
    E xa rizando o rizo e pensando na pescada que traba na cola, a doenza producida pola mente "enferma" redunda en maior preocupación. E a maior preocupación máis doenza, e a máis doenza máis preocupación, e...

    Érache mellor ser todos legumes xDDD

    Coma sempre, moi boa a entrada.
    Mil bicos, Bolboreteira.
    :)

    ResponderEliminar
  2. Nin de coña vou poñer eu en duda canto dis. Mens sana in córpore sano...Seica todo está (ou debe estar) en equilibrio; pero resulta que chegados a este punto non acabo de entender como a medicina actual foi capaz de alongar a vida dos corpos que, curiosamente, manteñen enriba dos hombreiros mentes que perderon a memoria. (Escoitei por algures que os xeriátricos teñen un bo % desto que digo)

    Hoxe viñen trascendente. Debeu ser que estiven un anaquiño ó resío de setembro...

    Un bico moi saudable!

    ResponderEliminar
  3. AINSSSSS, QUE MALIÑA ESTOU, E QUE POUCO ME QUEIXO!!!!...leendo isto, non hai por onde collerme... non me paparían nin os vermes...bueno tampouco lle ía deixar, jejeje...crematorio...que se fodan

    1 12 biko

    ResponderEliminar
  4. Que nos gusta que nos hagan cosas buenas... eh? jajaja

    Saludos y un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Vamos que o nosso corpo é como um sistema intercomunicado que se interrelaciona todo... Lembra-me a isto, ao enfoque de sistemas.

    Umha aperta

    ResponderEliminar
  6. Douche tódala razón,
    corpo e mente deben
    manterse en equilibrio
    inda que a veces habitúanse
    ámbolos dous a convivir
    nun estrés tan cotidiano,
    que cando queres relaxarte
    para tomar un descanso
    corpo e mente enferman,
    piden seguir o mesmo ritmo,
    e coma unha roda á que
    se para de súpeto,
    anda para adiante e para atrás,
    desequilibra.
    O mesmo lle pasa a viceversa,
    cando todo está relaxado
    cústalle seguir xirando.
    Como ves todo require o seu
    momento de adaptación.

    Coma sempre as túas letras
    son un placer.

    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  7. Gaeron: mi madriña!! Poñédonos asi...eu quero ser...un garbanzo.jajajajaja.
    Un bico grande.

    Chousa: pois tes razón, o mellor deberia prestarse un pouco máis de atención os aspectos psicolóxicos para que cousas así fosen menos comúns.A medicina avanza pero dáselle máis impostancia que os aspecto psicolóxico dalgunhas doenzas. Unificando esforzos estou segura de todo iria mellor.
    Biquiños!
    Anónimo: xa será menos !!!!Non esaxeremos! :P
    Bicos!
    La sonrisa de Hiperión: a quien le amarga un dulce? las cosas buenas nos gustan a todos.
    biquiños e apertas!
    Jorge Pérez: pois sí, todo está relacionado como ti dís, unhas cousas influen sobre outras, é unha lei natural.
    Bicos
    BRABIDO: jajajajaja.Non sei se o cura todo pero dende logo atenúa moitos males, fanse máis pequenos. Aisss ! O amor!
    Biquiños!!
    Marisa: sí algo así sucede moitas veces.Manter un equilibrio co ritmo de vida que levamos non é sinxelo, pero si deberiamos aprender tomar a vida con máis calma.
    Un bico grande!

    ResponderEliminar