jueves, 30 de septiembre de 2010

Toxicidade



Considerome unha persoa optimista que sempre trata de ver o lado positivo das cousas, por iso mesmo sempre crein que o ser humano era bo por natureza.Pero ultimamente esta crenza miña estase tambaleando de forma importante, posiblemnete era un pensamento un tanto inxenuo que o paso do tempo e as experiencias vitais se van encargando de cambiar, tal vez sexa un proceso natural. Polo tanto, a miña conclusión e de que sí que hai xente mala, dañina que disfruta danando e destruindo os demáis e quizais e so quiezais esto non sexa así porque a "vida os fixo así" senon porque por natureza son tóxicas.As persoas tóxicas existen non son un conto chino.
Os especialistas ofrecen algunhas características que definen ás personas con comportamentos tóxicos: o que destila un odio visceral, o que disfruta coa humillación do outro, o que avasalla a un semellante, o que busca manipular con mentiras, o que agrede innecesariamente e desvaloriza ó outro para sentirse ben él, o que dana con intención sen xamais propoñer unha reparación, o que incomoda coas súas imposturas, o envidioso de todo o alleo e o que urde os problemas para acercar despois as súas solucións, o que so se fixa no negativo, o que sempre quere estar por encima do resto sen importar a quen dana, o que fai mal con premeditación e alevosía....
E coidadiño que unha persoa con poder non sexa un tóxico destes....que non é infrecuente.

8 comentarios:

  1. Eu penso que basta botar unha ollada á Historia dende os comezos da Humanidade para darse conta de que, en si, o ser humano non é bo por natureza. Nin consigo mesmo nin co que o rodea, vivo ou non.
    O sorprendente é que chegáramos aquí e que siga habendo un mañán.

    ResponderEliminar
  2. Dende logo que hai persoas tóxicas. E a túa ultima frase, pode ser unha realidade que me pon os pelos de punta...

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Que razón tiña Thomas Hobbes cando dicía que aquelo de que o home é un lobo para o home... Precisamente Hobbes seica era boa persona...

    ResponderEliminar
  4. Hainas; pero a súa presenza maligna fai que sexamos capaces de valorar con máis énfase e consideración a esa inmensa maioría non tóxica, que nos aporta tantas cousiñas boas a cotío.

    Un bico (ou dous!)

    ResponderEliminar
  5. Por un intre pensei que estabas a falar dos dirixentes do PP.

    ResponderEliminar
  6. Gaeron: sí é certo, sorprende que ainda sigamos por "aquí"...sendo tan destructivos algúns.
    Bicos
    Merce: a min é algo que tamén me asusta moito o poder ainda saca o peor desta xente sin escrúpulos.
    Biquiños!
    Jorge Cima de Villa: dende logo Hobbes sabía moito...somos os nosos propios depredadores.
    Bicos.
    Chousa: niso tou de acordo contigo, ver o mal que fan algúns fai valorar máis a persoan que fan o ben, que tamén son moitas.
    Biquiños!
    Raposo: pois poderian ser un exemplo moitos deles..pero tamén os hai noutros bandos..
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Si que as hay,cumpre
    ter a sorte de non
    atoparse con moitas
    de estas persoas e a
    suficiente forza para
    que non sexan capaz de
    facernos dano e poder
    arredarnos delas.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  8. Marisa: supoño que tod@s atomos no camiño da vida algunha e necesitamos a foza para deixarnos magoar en exceso.Un biquiño

    ResponderEliminar