lunes, 21 de marzo de 2011

¿Eres maximizador ou satisfactor?


Tanto se nos compramos uns pantalóns ou pedimos unha taza de café, como se solicitamos praza nunha universidade ou eleximos médico, as decisións cotidianas voltáronse tremendamente complexas debido á abrumadora cantidade de opcións que se nos presentan.
Debido a esta abundancia de posibilidades de elección chegamos o que se denomina "a paradoxa da elección" que foi descrita polo psicólogo Barry Schwartz, Profesor de Swathmore College.Esta paradoxa dinos que: a maior cantidade de opcións que se nos presentan, máis grande é a dificultade de elexir; e esta dificultade lévanos á parálisis ante a toma de decisións.
Todo esto lévanos a unha conclusión:cometemos o erro de considerar que un maior número de eleccións implica unha maior liberdade e sen embargo o exceso de opcións convírtenos en persoas infelices, agotados e tiranizados por cada decisión.A realidade é que se nos vai o tempo en elexir entre todo ese mercadillo consumista sen deixarnos tempo para as cousas realmente importantes: Amor, felicidade as relaciones sociais , etc.
En función do modo en como se toman as decisión Barry Schwart fai a diferenciación entre maximizadores e satisfactores:
Maximizadores: son aquelas persoas que desexan ter a maior cantidade de información á hora de facer unha elección.Non se sinten nunca satisfeitos porque saben positivamente que non valoraron suficientemente todas as opcións e esto failles sentir que tal vez non tomaron a decisión correcta.Non se conforman co bo senon que queren o mellor o que os leva á continua búsqueda e a que poucas veces se atopen satisfeitos coa elección feita.
Satisfactores: necesitan pouca información e son rápidos a hora de elexir.Buscan o sufientemente bo e non o mellor xa que se decatan de que estudiar todas as opcións é algo practicamente imposible.Deciden non pensar no que deixaron aparte porque se sinten ben con aquela elección que lles vale segundo os seus propios criterios.
Mentres uns disfrutan do que teñen e están satisfeitos os outros frústranse continuamente pensando en que sempre poden obter algo mellor.

16 comentarios:

  1. Íntimamente relacionado co "axioma de non saturación", estudado en teoría microeconómica (e dentro dela, na teoría da utilidade) coma un dos enfoques a partires do cal se pretende explicar o consumo dos particulares. Ven dicir básicamente que, por moito que teñamos e por moi bo que nos resulte (por moito que se "maximice a nosa utilidade"), sempre consideraremos que haberá algo mellor que fará que a nosa utilidade (=satisfacción) coma consumidores sexa superior. Por suposto que é rebatible e matizable, pero en termos xerais, funciona. Ao final, o que ven delimitar o consumo e polo tanto a satisfacción é a chamada "restricción presupuestaria", ou sexa, os cartos dos que dispoñemos.
    Interesante, moi interesante.
    Bicosss

    ResponderEliminar
  2. Eu son máis do carro da 2º opción. Básicamente é iso, non teño eu moita paciencia para por exemplo ir de compras. Entro nunha tienda, hai un patalón que me presta? sí, pois xa está, dame igual que poida haber outro mellor noutra tienda, é mellor ir tomarlle un algo, e máis divertido! jeje

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Hoxe no telexornal falaron algo semellante sobre o número de "amigos" que a xente ten nas chamadas redes sociais. A maior número, maior ansiedade pola crecente imposibilidade de "atentelos" a todos.
    Eu pretendo ser un satisfactor; pero recoñezo que -ás veces- son algo maximizador. Isto na vida en xeneral, xa que no asunto das compras...son un satisfactor absoluto!

    Bicos satisfactores (neste preciso instante no que chos escribo, non hai outros mellores!)

    ResponderEliminar
  4. Es que yo creo que la vida es un imenso laberinto, lleno de un montón de lugares que uno no podrá conocer jamás por haber elegido, simplemente, otros.

    El hecho de no poder elegir siempre todo es lo que nos debe hacer más sabios para poder optar por lo que creemos mejor y más conveniente.

    Y allí, tal vez, se halle la felicidad o algo así, je.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Pues la verdad es que yo no sé lo que soy... a veces uno... a veces otro... A veces el exceso me marea, y a veces me ayuda...

    (Besitos)

    ResponderEliminar
  6. Non me fale de tomar decisións, que ultimamente tiven que tomar algunhas ben complicadas. Entre elas, aceptar a desaparición de Robinson en Ithaca, o vello blog, e reabrir con outro enderezo (cousas de blogger). Tería a bondade de actualizar o enderezo na súa lista de blogues? Agradecíallo

    ResponderEliminar
  7. As túas palabras fanme lembrar
    o que lle aconteceu a unha nena
    que a trouxeron de Africa e que
    por ter pouco non tiña nada,
    levárona a unha pastelería para que
    escollera un pastel,
    cando xa levaba un tempo ollando
    a nena botouse a chorar,
    ela nunca tivera que escoller.
    Debéramos de estar satisfeitos
    so por poder escoller.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  8. Gaeron: graciñas, moi interesante o que ti contas.É a visión do mesmo dende distintos puntos de vista.
    Biquños!!!
    bitelino: a min tamén me agobia as veces tanta variedade, e por non perder tempo collo o primeiro que atopo e que máis ou menos me encha o ollo.
    Bicos!
    Chousa: como en todo nada é branco e negro as gamas de grises está ahí, depende para qué somos máis satisfactores ou máis maximizares.
    Biquiños !!!!!!!!
    Adriófanes: tanto de poder elegir y tener esa capacidad como el no poder elegir se puede aprender.
    Besiños!
    Cris: pues si..como todo depende... :)
    Besazoss!
    Kaplan: iso está feito.Alégrome que sigas por ahí, tentei varias veces entrar no teu blogue e non estaba onde sempre :P
    Bicos!
    Marisa: que bonita historia, unha boa lección que aprender, somos privilexiados só por poder elexir, ainda que as veces o exceso de opcións nos poda estresar.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  9. Na compra de produtos tecnolóxicos, supermegamaximizadora :(
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  10. X: todos temos algunha debilidade :)
    saúdos e graciñas pola visita.

    ResponderEliminar
  11. Agora entendo porque cando vou o Corte Inglés case sempre saio sen mercar nada. Hai tantas cousas que custa decidirse por algunha.
    Bicos (agora si) satisfactores.

    ResponderEliminar
  12. Raposo: jajajaja, todo ten a súa explicación.A min tamén me ten pasado.
    Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  13. Eu prefiro a variedade, ter onde escoller... É máis divertido, non? Pero sen dispersarse moito, nin perder o tempo... Variedade sabendo o que che gusta! Cómo se chama iso? Creo que maximizadora :-(

    ResponderEliminar
  14. Magdalena Malungo:é unha sorte poder escoller e máis divertido, ainda que cando hai demasiado onde escoller xa deixa de ser divertido para ser agobiante.
    Se tes claro o que buscas e cando o tes te das por satisfeita penso que igual eres máis satisfactora :)
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  15. Tenemos una verdadera intoxicacion de información. Desde que existe internet creo que sabemos demasiado, y a veces no es bueno. Yo, por ejemplo tiendo a mirar todos los dias periodicos, avances medicos y mil historias que al final solo hacen sentirme repleto de información y sin una idea clara.
    Un abrazo, buen tema

    ResponderEliminar
  16. JFL: Gracias.Si es cierto que estamos un tanto intoxicados de información lo que paradójicamente lleva a tener más dudas que certezas.
    Besiños!

    ResponderEliminar