Mostrando entradas con la etiqueta consumismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consumismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de marzo de 2011

¿Eres maximizador ou satisfactor?


Tanto se nos compramos uns pantalóns ou pedimos unha taza de café, como se solicitamos praza nunha universidade ou eleximos médico, as decisións cotidianas voltáronse tremendamente complexas debido á abrumadora cantidade de opcións que se nos presentan.
Debido a esta abundancia de posibilidades de elección chegamos o que se denomina "a paradoxa da elección" que foi descrita polo psicólogo Barry Schwartz, Profesor de Swathmore College.Esta paradoxa dinos que: a maior cantidade de opcións que se nos presentan, máis grande é a dificultade de elexir; e esta dificultade lévanos á parálisis ante a toma de decisións.
Todo esto lévanos a unha conclusión:cometemos o erro de considerar que un maior número de eleccións implica unha maior liberdade e sen embargo o exceso de opcións convírtenos en persoas infelices, agotados e tiranizados por cada decisión.A realidade é que se nos vai o tempo en elexir entre todo ese mercadillo consumista sen deixarnos tempo para as cousas realmente importantes: Amor, felicidade as relaciones sociais , etc.
En función do modo en como se toman as decisión Barry Schwart fai a diferenciación entre maximizadores e satisfactores:
Maximizadores: son aquelas persoas que desexan ter a maior cantidade de información á hora de facer unha elección.Non se sinten nunca satisfeitos porque saben positivamente que non valoraron suficientemente todas as opcións e esto failles sentir que tal vez non tomaron a decisión correcta.Non se conforman co bo senon que queren o mellor o que os leva á continua búsqueda e a que poucas veces se atopen satisfeitos coa elección feita.
Satisfactores: necesitan pouca información e son rápidos a hora de elexir.Buscan o sufientemente bo e non o mellor xa que se decatan de que estudiar todas as opcións é algo practicamente imposible.Deciden non pensar no que deixaron aparte porque se sinten ben con aquela elección que lles vale segundo os seus propios criterios.
Mentres uns disfrutan do que teñen e están satisfeitos os outros frústranse continuamente pensando en que sempre poden obter algo mellor.