O 25 de xullo, celebramos o día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemora o Día de Galicia estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada momento, aínda que sempre tiveron como eixo central a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país.Durante a longa noite de pedra, as sociedades galegas na emigración manteñen acesa esta convocatoria e, en Galicia, o galeguismo se concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. É no 1973 cando se empeza a utilizar o termo "Día da Patria Galega", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade, aínda que tamén se segue utilizando a de Día de Galicia.Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, a práctica totalidade das organizacións políticas e unha boa parte das institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Ás declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego; ós bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebrar o Día e a colocar a bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns; ás conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio 25, hai que sumar as manifestacións populares de carácter reivindicativo que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.Noutro novo 25 de xullo , prentenderase , parafraseando ás Irmandades da Fala, "estreitar os lazos entre os galegos da metrópoli e os que teñan residenza nas nosas numerosas colonias sen bandeira" e ser unha vía para amosarmos a nosa pertenza a un pobo con identidade de seu.
Hai que celebrar cada día que o noso país teña amencido da longa noite de pedra da que falaba Ferreiro.
ResponderEliminarUn biquiño guapiña!!!
Claro que sí, gracias por estar onde estamos, e a continuar cara adiante.
ResponderEliminarBicos!!
Hay quen di que o noso idioma so é un dialecto, pode ser, pero dise dialecto medrou una sociedade, disa sociedade un pobo e dise pobo emerxeu a nosa patria. A fin todalas linguas son dialectos, pero no todos os dialectos chegaron a ser unha patria, non todos poden presumir de ser fillos dos seus pobos, mais que nada porque xa non distinguen si son ou deixan de ser de aquí ou de acolá. Nos somos fillos da nosa terra.
ResponderEliminarQue bonitas verbas mareaxe, totalmente de acordo.
ResponderEliminarSomos fillos da nosa terra e dunha fala.
Saudiños