Por exemplo, segundo este principio a maioría dos seres humanos dan por sentado,inconscientemente, que a xente rica, poderosa, famosa e fermosa é máis intelixente e digna de confianza que os individuos correntes.
Pero o máis curioso deste efecto é que é difícil de modificar, ainda cando se presenta a evidencia contraria o xuizo realizado.
Para tratar de saber máis acerca deste efecto Nisbett y Willson fixeron un interesante estudo. O experimento que levaron a cabo foi o seguinte: Tomaron dous grupos de suxeitos -alumnos da universidade- e a cada un ensinaronlle un video dun profesor nunha clase.O profesor era o mesmo nos dous videos, pero en cada video comportabase de forma diferente: nun era amable e tranquilo o responder as preguntas dos estudantes e no outro era autoritario e mandón.
Un grupo só viu o personaxe “bo”, e o outro só viu o personaxe “malo”. Unha vez que cada grupo viu o video correspondente, pediuselle que evaluasen o atractivo físico do profesor.
O grupo que viu o video do profesor "bo" clasificouno como máis atractivo que o grupo que viu o video do profesor malo. Esto confirmaba para os investigadores a presenza do efecto halo no xuizo que facían os suxeios do profesor, pero a novidade que viu a agregar o estudo é que cando se lles suxeriu os sueitos que quizais a súa evaluación do atractivo físico estaba influenciada por a forma de comportarse do profesor, rehusaron a sopesar isto e continuaron convencidos de que o seu xuizo fora emitido con obxetividade.
Hay persoas que dicen eso de "dáseme moi ben catar a la xente cun so vistazo".
Máis alá dos estereotipos, que tamén nos influencian moito, ¿xuzgamos á xente a partir dun só rasgo, xeneralizándoo a outros ámbitos?
Cando nos xuzgamos a nos mesmos, o noso comportamento sempre é situacional, é decir, condicionado os factores externos. Actuamos dunha determinada maneira porque as circustancias o requeríron así. Cando xuzgamos a outros, habitualmente inferimos factores internos: actúa así porque é así. Este outro efecto, relacionado co efecto halo, levanos a xerar "teorías" sobre alguen, sobre a súa personalidade; que resultan moi difíciles de cambiar.
Así que, antes de categorizar a alguén como antipático, maleducado, soso, estúpido ou demáis lindezas , sería bo tratar de analizar os motivos que nos conduciron a configurar esa opinión.
Bo comentario,¡mira que se aprenden cousas nista vida!
ResponderEliminarSí, o bo desta vida é que sempre aprendes algo novo, e se ademáis pode útil pois mellor que mellor.Cuestionarnos certas cousas as veces non ben mal.
ResponderEliminarGracias polo teu comentario mareaxe, encantada de que te pases por aquí.
Saudiños!