As veces parece que nas nosas vidas todo vai o revés, que nada sae ben e que os problemas veñen uns detrás de outros sen deixar tempo para un respiro. Como todos nos vimos algunha vez ou varias veces nesta situación o longo das nosas existencias creo que o texto que deixo a continuación pode ser unha pequena axuda para ver as cousas dun xeito diferente, con outra prespectiva.
A vida pode cambiar en todos os seus aspectos para poder disfrutala e ser felices e facer felices ós seres queridos con só cambiar de estado de conciencia.
É común que as desgrazas non veñan soas, porque todo se relaciona con estados mentais negativos que atraen todo o negativo, que a veces se poden producir o mesmo tempo; como a pérdida dun traballo, o falecemento dun ser querido, relacións nefastas, un divorcio, etc.
Todo esto podería cambiar con só un cambio de conciencia. É a tarefa específica de todo psicólogo, tratar de que os seus pacientes logren unha mirada máis ampla e cheguen a percibir o mundo doutra forma, para terminar cos seus problemas y poder gozar da vida; porque en definitiva todo depende deles mesmos.
As ideas tanto negativas como positivas teñen o poder de convertirse en realidades; son como sinais magnéticas que atraen tanto o bo como o malo; e se o empeño está concentrado no pasado, ese pasado estará sempre vivo e fresco e tenderá a repetirse.
A creencia fundamenta a idea. Se unha persoa cree que é un fracasado, así será, se cree que non pode, no poderá, e se ten medo provocará aquelo que teme.
As ideas positivas teñen máis poder que as negativas, e tamén resultados diferentes, de modo que se se logra cambiar as ideas pódese cambiar tamén a vida.
Se ata o día de hoxe os pensamentos foron negativos, non importa, pódese cambiar hoxe e ter a oportunidade de modificar o futuro.
O presente é o resultado das ideas do pasado e o futuro será o resultado das ideas de hoxe.
Cando unha persoa se da conta que todos os sufrimentos e sinsabores que experimentou atraeunos ela mesma, un cambio de conciencia é posible.
A negación e a dificultade para cambiar, radica no feito de adxudicarlle á fatalidade, á sorte, ós condicionamentos familiares, o a oturas circunstancias externas a responsabilidade dos acontecementos.
A nosa mente sempre está pensando e temos gran cantidade de ideas que non podemos controlar. Pretender controlalas é imposible, pero se podemos cambiar as nosas emocións, poderemos cambiar as nosas ideas.
Se temos sentimentos de odio, rancor, resentimento, culpa, medos, preocupación, envexa, ciumes, orgullo, teremos ideas negativas que producirán eventos non desexados.
Se en cambio sentimos amor, caridade, confianza, xenerosidade, humildade e bon humor, e estamos dispostos a perdoar toda ofensa, as nosas ideas cambiarán, serán positivas, e atraerán feitos positivos.
Pois iso que un cambio de chip, un cambio no xeito de tomarse as cousas, non dramatizar, tomarse a vida con humor axudanos a levar os malos momentos doutra forma. Isto non é fácil de conseguir pero se somos capaces de facelo todo é moito máis levadeiro.
Estou totalmente dacordo, pero ás veces resulta verdadeiramente difícil, máis o esforzo ben merece a pena.
ResponderEliminarBiquiños a moreas!!!
Difícil, pero non imposible.Cuestión de poñerse con empeño.
ResponderEliminarBicos nena!