martes, 1 de septiembre de 2009

Dez leccións sobre a vida,por Albert Einstein

Admiro moito a Albert Einstein, polo seu intelecto pero por encima de todo pola súa filosofía de vida. A continuación deixo unha lista de 10 frases da súa autoría, que creo que poden ser moi interesantes e sabias.

1. "Alguén que nunca cometeu erros nunca tratou de facer algo novo." - Noutras palabras, a meirande parte das persoas nunca proban cousas novas por temor a fracasar. O fracaso non é algo ó que temer. Polo xeral os perdedores aprenden máis de gañar que os mesmos gañadores. Os noso erros dannos a oportunidade de aprender e crecer.

2. "A educación é o que sobra despóis de que un esqueceu o que aprendeu na escola." É dicir, a educación é o que un aprende sobre a marcha da vida, e non os simples detalles que un memoriza nun momento determinado.

3. "Son o suficiente artista como para debuxar da miña imaxinación. A imaxinación é maís importante que o coñecemento. O coñecemento é limitado. A imaxinación envolve ó mundo."

4. "O segredo da creatividade é saber esconder as túas fuentes." - No contexto en donde Einstein dixo isto quixo decir que ainda que somos influenciados por outras grandes persoas, no momento de subir a un escenario debemos deixar atrás a esas personas e converternos nun individuo único e orixinal, que aprende diferentes valores de diferentes persoas.

5. "O valor dun home debe medirse polo que da e non polo que recibe. No trates de convertirte nun home de éxito senon nun home de valores."

6. "Existen dúas maneiras de vivir: Podes vivir como se nada é un milagre, ou podes vivir como se todo é un milagre." - Con isto quixo decir que cando nada é un milagre cada quen obten o poder de facelo que o sexa sin límites. E cando todo é un milagre, deteste a apreciar ata a máis pequena de todalas cousas fermosas do mundo.O pensar de ambalas dúas maneiras darache unha vida productiva e feliz.

7. "Cando me ixamino a mín mesmo e os meus métodos de pensar, chego á conclusión de que o don da fantasía significou máis para mí que cualquer outro talento para pensar positivo e abstractamente." - É dicir, o soñar sobre todalas cousas que podes lograr na vida é a clave para unha vida chea de positivismo. Deixa que a túa imaxinación te leve por todo tipo de sendeiros e crea o mundo no que desexarías vivir.

8. "Para ser un membro inmaculado de un rebaño de ovellas, un debe, sobre todas as cousas, primero ser una ovella." - Con isto quixo dicir que se desexas ser un empresario exitoso, debes empezar o teu propio negocio inmediatamente. So desexar selo, mentras lle tes medo ás consecuencias non vai axudar. O mesmo aplica para todo: Para gañar un partido un debe primero e ante todo que xogar o partido.

9. "Debes aprender as regras do xogo. E despois debes xogar mellor que todo o mundo." - Noutras palabras, fai o mellor traballo posible que podas, como se a túa vida dependera delo, e despois que non tenas contra quen competir, só te terás a ti mesmo contra quen competir. Nese momento, mellora o mellor que fuches quen de lograr.

10. "O máis importante de todo é nunca deixar de facerte preguntas. A curiosidade ten a súa propia razón de existir." - Con esto Einstein quixo decir que as persoas intelixentes preguntan. Non deixes de facerte preguntas a ti mesmo e a outros para encontrar solucións, pois isto axudarache a obter coñecementos e analizar o teu crecemento en tódolos camiños da vida.

3 comentarios:

  1. Se me mandaran elexir algunha desas
    leccións, non sabería escoller
    porque todas me parecen importantes,
    así que me quedo con todas.

    Albert Einsten, un dos grandes,
    é admirado por todo o mundo.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. A mín sempre me gustou unha frase deste xenio que demostraba a súa humildade:

    Todos somos moi ignorantes. O que sucede é que non todos ignoramos as mesmas cousas.

    Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  3. Hola mozas!!
    Marisa: a min tamén me parecen importantes todas, todas encerran moita sabedoría.Un gran home este Einstein, irrepetible!
    Maruchi: esa non a coñecia , pero tamén estou totalmente de acordo, é unha gran verdade.Sempre saberemos moito menos do que se pode chegar a saber( e case que é mellor así).
    Bicos rapazas!

    ResponderEliminar