lunes, 12 de octubre de 2009

Marcianos e venusianas






Imaxinade que os homes sexan de Marte e as mulleres son de Venus.

Un día fai moito tempo........... os marcianos, mirando a través dos seus telescopios, descubriron ás venusianas. Só o feito de votarlles unha ollada as venusianas despertou neles uns sentimentos que non tiveran nunca. Namoraronse e inventaron rápidamente as viaxes espaciais para voar cerca de Venus.
As venusianas recibiron ós marcianos cos brazos abertos. Os seus corazóns abrironse de par en par a un amor que nunca antes sentiran.
O amor entre venusianas e marcianos foi máxico. Maravillaronse estando xuntos, facendo cousas xuntos e comunicándose entre sí. Ainda que eran de mundos diferentes, disfrutaban das suás diferencias. Pasaron meses aprendendo uns acerca dos outros, explorando e valorando as súas diferentes necesidades, preferencias e pautas de comportamento. Durante anos viviron xuntos, namorados e en armonía.
Logo decidiron voar á Terra. O principio todo era maravilloso e fermoso. Pero o pasar o tempo impuxeronse os efectos da atmosfera terrestre e unha mañá todos despertaron cun tipo peculiar de amnesia: !a amnesia selectiva!
Tanto os marcianos como as venusianas esqueceron que eran de planetas diferentes e que se supoñía que eran diferentes. Nunha mañá todo o que aprenderan acerca das súas diferencias foi borrado das súas memorias. E dende ese día, homes e mulleres están en conflicto.


Como é a vida en Marte:


Os marcianos valoran o poder, a competencia, a eficiencia e a realización. Sempre están facendo cousas para poder probarse a sí mesmos e desenrrolar o seu poder e as súas habilidades. Experimentan a realización fundamentalmente a través do éxito e o logro..
Non leen revistas tales como Psychologys. Prefiren as actividades ó aire libre, como a caza, a pesca e as carreiras de coches. Interesanse polas noticias, o clima e os deportes (sobre todo o futbol) e nada lles importa menos que as novelas románticas e os libros de autoaxuda.
Interesanse máis polos “obxetos”e as “cousas” que na xente e os sentimentos. Incluso hoxe na Terra, mentras as mulleres fantasean co romance, os homes fantasean cos coches potentes, computadoras máis rápidas, artefactos, artiluxios e unha nova tecnoloxía máis poderosa.
Os marccianos non senten a necesidade de comunicarse constantemente e as súas mensaxes son concisas sen demasiados detalles.
En marte danlle unha importancia especial o pracer físico e a sexualidade nas súas relacións.


Como é a vida en Venus:


As venusianas teñen valores diferentes. Valoran o amor, a comunicación, a beleza e as relacións. Dedican moito tempo a respaldarse e a axudarse. O sentido da personalidade definese a través dos seus sentimientos e da calidade das súas relacións. Experimentan a realización a través da participación e as relacións.
En Venus todo reflexa eses valores. En lugar de construir autopistas e grandes edificios, as venusianas preocupanse máis por vivir xuntas en armonía, comunidade e cooperación afectuosa. As relacións son máis importantes que o traballo e a tecnología. O seu mundo é oposto a Marte.
Non levan uniformes como os marcianos (para exhibir a súa competencia). Polo contrario, gozan poñéndose roupa distinta todos os días, según a maneira de sentirse.Poden incluso cambiarse de roupa varias veces ó día en consonancia co seu humor.
A comunicación ten unha importancia fundamental. Compartir os seus sentimentos é moito máis importantes que alcanzar obxectivos é éxito. Falar e relacionarse entre si é unha fonte de enorme realización.
As venusianas, en lugar de orientarse hacia determinados obxectivos, orientanse hacia as relacións.

Dous marcianos van almorzar para analizar un proxecto ou a posibilidade de alcanzar un obxetivo; teñen un problema que resolver. Ademáis, os marcianos consideran o feito de ir a un restaurante como una eficiente maneira de resolver o tema da alimentación sen compras, sen cociñar e sen lavar os pratos. Para as venusianas,o feito de ir a comer cunha amiga constitúe unha oportunidade para alimentar unha relación e a opotunidade de brindar e recibir apoio. A conversación das mulleres nun restaurante pode ser moi aberta e intima.
En Venus todos estudian psicoloxía e poseen polo menos un doutorado en asesoramento. Todos están moi involucrados co crecemiento persoal, a espiritualidade e todo o que pueda estimular a vida, a saude e o crecemento. Venus esta cuberta de parques, xardíns orgánicos, centros comerciales e restaurantes.
En canto as relacións co outro sexo as venusianas dan gran importancia a expresión de sentimentos, gústalle sentirse queridas, escoitadas, admiradas e desexadas, as relación sexuais están máis supeditadas os sentimentos.

Nesta tesitura andamos, o conflicto sempre é o mesmo os homes queixanse de que non entenden as nosas reaccións, e nos queixamonos da conducta deles.Pero a pesar de todo estamos condenados a convivir da mellor maneira posible e eu como son unha optimista incorrexible considero que se pode conseguir e que estas diferencias a pesar de todo fai máis amena a convivencia, aínda que as veces nos tiremos os trastos.....a cabeza.






10 comentarios:

  1. Unha interesante reflexión.
    Eu síntome profundamente venusiana, pero confeso que non podo quitar ollo de Marte.

    Un bico

    ResponderEliminar
  2. eu son da opinión de que se pensaramos de igual xeito, sería un aburrimento, pq. de que íamos falar as mulleres cando nos reunimos??? do maravillosos que son os homes??? non o vexo claro jijijiji.

    Eu coma AC estou xenial en Venus, pero mirar miro para Marte, por iso de ampliar coñecementos jeje.

    Biquiños miña!!!

    ResponderEliminar
  3. Encántame a túa historia..... podo facerme fan?? pensa que os marcianos adoran a tecnoloxía, o material e o progreso por algo....se miras atrás daraste conta que se non tivesen iso na cabeza nunca chegarían a venus cas súas naves espaciais.
    Diferencias sempre haberá e seguiremos tirándonos os trastos... dicho unha venusiana cen por cen, con algúns gustos marcianos.

    P.D siiiiiiii.....gústame o futbol....que lle vou facer?????? hahahahaaaaaa.

    bicos e apertas!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. C.A:un ollo sempre posto en Marte, di que si.Que sen os marcianos a persar de todo non podemos estar.

    Maruxiña:pois claro que seria moi aburrdio se fósemos máis parecidos.Mira que non nos rallamos a cabeza para intentar entedelos....igual é tempo peridido porque resulta imposible a maior parte das veces, pero resulta un tema interesante de conversacion moitas veces( e como nos gusta tanto falar e comunicarno..)

    Vintxuca:Graciñas...Os marcianos encántalles os trebellos, e claro que eso é algo moi bo..que fariamos nos se non chegaran a visitarnnos...que aburrimento deus!
    A min noutras épocas tamén me gustaba o futbol..agora son máis de tenis ou baloncesto.
    Bicos venusianas miñas!

    ResponderEliminar
  5. Las mujeres son de Venus y los hombres son de Marte...

    si, cada vez estoy mas y mas convencida de ello, vaya si lo estoy!!

    ResponderEliminar
  6. Sintome moi venusiana,
    pero aínda que os homes
    que veñen de Marte son
    moi distintos a nos e
    fannos coller rabinchas
    a miúdo, sen eses terribles
    taimudos non seríamos
    capaces de vivir.

    Moi orixinal a túa teoría.

    Bcos.

    ResponderEliminar
  7. Butter: pues si linda, con el paso del tiempo te vas dando cuenta de lo diferentes que somos..
    Paideleo.gracias por recalar por aquí.Benvido.
    Xanela:dende logo que non podemos estar sen os marcianos, se no fondo é un pracer compartir planeta con eles.Facémonos a puñeta mutuamente pero non podemos estar uns sen os outros.
    Un bico grande para cada un.

    ResponderEliminar
  8. Eu xuraría que comentei esta reflexión tua sobre a procedencia interplanetaria duns e doutras.
    Non lembro o que puxen, pero agora venme á mente que estou convencido de que sería un choiazo montar unha empresa con viaxes interestelares con destino Venus-Marte e viceversa!
    Incluso montar algún moteliño polo medio podería reportar magníficos resultados. Non che parece?

    Bicos marcianos para a venusiana deste recantiño

    ResponderEliminar
  9. Hola Chousa!!!
    Esa mentalidade empresarial.... moi ben, si que sería un bo negocio, seguro que moi rentable...eu participo!!.
    Bicos Chousiña!

    ResponderEliminar