lunes, 1 de marzo de 2010

Dependencia emocional



Certo grao de dependencia emocional é sana e natural para o ser humano, esta lévanos a crear vínculos afectivos coas persoas que nos rodean, primeiro cos nosos proxenitores cando somos nenos, na adolescencia cos amigos e na idade adulta coa nosa parella.O problema surxe cando este tipo de dependencia nos afecta no persoal e nos impide desarrollarnos na vida como seres independentes e libres.
A dependencia emocional que sentimos hacia as personas que nos rodean e que queremos non debe impedirnos realizar os nosos soños, evolucionar como personas e progresar nas nosas vidas.

Signos da dependencia emocional

-Se continuamente sentimos que estamos complacendo os desexos e necesidades doutras persoas sen haber alcanzado os nosos.
-Se os outros están contentos con nos entón somos felices, se os demáis: familia, amigos, veciños, compañeiros de traballo, etc., nos aproban, entón sentimos que valemos a pena.
-Sufrimos dun profundo temor porque o que digamos ou fagamos poda ofender a alguén e mellor evitamos os desacordos para non ser rexeitados.
-Estamos constantemente antepoñendo as necesidades, desexos e demandas dos demáis, ás nosas. Decimos si, cando realmente desexábamos decir non.
-Estar nas mans doutras persoas para poder percibir o bo da nosa propia imaxe, obter felicidade a cambio de sacrificar o que realmente desexamos e necesitamos por temor a ser abandoados, desplazados ou rexeitados.
-En vez de construir e gañar a nosa propia autoestima, estamos buscando a opinión dos outros para obtela.
-As persoas dependentes emocionais non saben estar soas, teñen temor a enfrentarse a súa vida,os seus obxectivos, desexos e metas.Necesitan o empuxe de outro, alguén que os guie, que os oriente.

8 comentarios:

  1. Vistos así, tan ben expostos como ti o fixeches, os sete puntos sintomáticos de dependencia emocional semellan moi doadiños de coñecer e, incluso, bordear; peeeeeeero a frebiña que separa o necesario do enfermizo é coma un delicado papel de fumar e na realidade non sempre se da "liado" ese canuto con facilidade.
    Menos mal que para elo están os profesionais que nos volven ó rego cando pisamos o suco :-)

    Bicos emocionalmente ledos

    ResponderEliminar
  2. Estou dacordo con canto dís
    pero a veces ainda que non
    dependamos dos demáis quixeramos
    que participaran dos nosos gustos
    e das nosas inquietudes, pero
    doume conta que cada persoa
    é un universo e que non se lle
    pode impoñer os outros, tamén
    é enriquecedor complementarse.

    Sempre moi acertadas
    as tuas palabras.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Certo pero tamen ae que saber quen escoller pa que nos dea sua opinión.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Só unha cousiña, esa dependencia emocional(negativa) impide organizar a vida, ser constantes nas cousas que se emprenden,deixar de sentir medo. Unha inseguridade que impide medrar. Unha apertiña

    ResponderEliminar
  5. Uf, qué horror. No, no creo en la dependencia emocional, me angustia mucho ese tema. En su nombre todavía existen esclavos. Ojalá todo el mundo tuviera la educación y la fuerza suficiente como para ser realmente libre.

    Besos!

    ResponderEliminar
  6. Chousa:o importantes como na meirande parte dos casos é darse conta en que puto está un para poder poñer remedio.En canto empeza a haber sufrimento por algunha das partes....entón ahí pode que estemmos sobrepasesmos esa fina liña que ti dis.
    Bicos pasados por auga.

    Marisa: ese é outro tema o de pretender que os demáis sexan como nos queremos,ou que pretendan que sexamos doutro modo.
    Eu considero que hai que aceptar e respetar os demáis como son en tódolos seus aspectos, quizais sexa a maior proba de afecto e amor.
    E complementarse está moi ben.
    Biquiños moza!

    Brabido:pois.. escoller non é doado, o bo é poder escoller e escoller ben.
    biquiños raparigo!

    Maribel-bel: benvida por estes lares e graciñas pola túa acertada aportanción.
    Un bico.

    Cris:sí a mi también es algo que me da miedo, poder llegar a depender de esa forma de alguien, es insano y muy poco contructivo.
    Un besote.

    Biquiños!

    ResponderEliminar
  7. calquer dependencia é nefasta....

    ResponderEliminar
  8. Non poderia estar máis dacordo contigo Anónimo, as dependencias son a escravitude dos nosos tempos.
    Un bico

    ResponderEliminar