
A creencia é un concepto, unha proposición, a cal cremos verdadeira, xa sexa a nivel consciente ou inconsciente, e; polo xeral, negámonos a discutir a súa validez.
Todos nós temos sistemas de creencias formados dende que nacemos, que nos son dadas polos nosos pais, profesores e mestres, amigos, libros, etc.; é dicir por todo aquelo que conforma o noso entorno.
Ó longo da nosa vida, imos acumulando experiencias e creencias sobre como son, ou como deberían ser as cousas. Son “ as nosas verdades” e de acordo a elas é a forma en que nos imos desenvolvendo no noso día a día.
As creencias, que en moitos casos son subconscientes, afectan á percepción que temos de nos mesmos, dos demáis e das cousas e situacións que nos rodean.
Moitas persoas tenden a pensar que as súas creencias son universalmente certas e esperan que os demáis as compartan. Non se dan conta que o sistema de creencias e valores é algo exclusivamente persoal e en moitos casos moi diferente das dos demáis.Nós vivimos á realidade en función das nosas creencias, facendo unha elaboración mental da mesma. O que vivimos tal como o vivimos, depende da representación e elaboración do noso mapa mental.
As creencias son unha forza moi poderosa dentro da nosa conducta. É ben sabido que se alguén realmente cree que pode hacer algo, farao, e se cree que é imposible facelo, ningún esforzo por grande que éste sexa logrará convencelo de que se pode realizar. Todos temos creencias que nos sirven como recursos e tamén creencias que nos limitan. As nosas creencias poden moldear, influir e incluso determinar o noso grado de intelixencia, a nosa saúde, a nosa creatividade, o xeito como nos relacionamos e incluso o noso grado de felicidade e de éxito.
Existen dous tipos de creencias:
Creencias globais:Son xeralizacións que facemos sobre a vida, o mundo, as persoas, etc.
Exemplos: A vida é marabillosa.A vida é dura. A xente é amable. Os can son perigosos. As mulleres, os hoes son un desastre...
RegrasSon pautas que rixen o noso comportamento.
Exemplos: Se teño un bo coche a xente considerarame ben. Se aprendo das miñas experiencias e maduro, terei éxito na miña vida. Se teño ingresos fixos, entón terei seguridade. Se afirmo a miña personalidade, serei rexeitado.
As creencias, por outra banda, poden ser potenciadoras ou limitantes. As primeiras axudannos e potencian a confianza en nos mesmos e nas nosas capacidades, permitíndonos afrontar con éxito situacións complexas. As segundas restannos enerxía e inhabilitanos para afrontar determinadas situacións.
Se nos cremos incapaces de aprender ou consideramos que xa pasamos o período de nosa vida na que nos era fácil aprender cousas novas, estaremos bloqueando calquera oportunidade de desarrollar novas competencias e habilidades.
Tamén pode ocurrir que nos coste moito esforzo aprender moitas habilidades, porque ó adquirilas fácilmente quitaríannos a razón a nos mesmos (de esta forma confirmamos a nosa propia creencia).
Sería bo conñecer cales son as nosas creencias esenciais, cambiar aquelas que nos están limitando e resolver os conflictos que pueden existir entre distintas creencias.