A única cousa realmente valiosa é a intuición.
Albert Einstein
Un milenario conto hindú di que o principio da creación o home tiña a sabedoría dos deuses
pero que non souperon aproveitala. Ante este panorama, os deuses decidiron quitarlle este don e resolveron que o mellor escondite non eran as montañas máis altas, nin os abismos dos océanos, nin no centro da Terra. O lugar máis axeitado para esconder a sabedoría era o corazón, alí onde o ser humán difícilmente buscaría.
Se o pensades, seguro que lembraredes moitas ocasións nas que fustes capaces de saber o que estaba pensando outra persoa, de averiguar quén chama antes de descolgar o teléfono ou fostes quen de saber o que vos ía decir alguén antes de que abrise a boca. Tal vez, foi unha corazonada que desafiaba á lóxica e logo resultou ser acertada.
Son sinais de que a intuición está funcionando. Pero, como este tipo de situacións prodúcense dun xeito espontáneo e non parecen obedecer a nosa vontade, solemos esquecelas e non darlles demasiada importancia. Estamos acostumados a poñer o acento na lóxica do racional e deixamos de lado a nosa parte intuitiva. Perdemos a oportunidade de descubrir e activar unha forma de intelixencia que todos poseemos, en maior ou menor medida.
A intuición serve para descubrir cousas e persoas do noso arredor. A lóxica é útil para comprobar que o sospeitado era certo. E as mulleres son especialmente hábiles para manter activos as canles por onde discorre a intuición.
O tópico da “intuición femenina” ten unha base fisiolóxica, relacionada coa maior actividade e desenvolvemento do hemisferio dereito do cerebro. Facemos as mesmas cousas que os homes, só que de maneira distinta. Aínda que xa existen algúns estudos que afirman que en cuestións intuitivas mulleres e homes andamos bastante parellos.