miércoles, 24 de marzo de 2010

Pensamentos destructivos


O psicólogo cognitivo e investigador Seymour Epstein fixo unha lista dunha serie de pensamentos destructivos e que a meirande parte das veces están automatizados en nos mesmos, estes pensamentos non son adpataivos e moitas veces perxudicanos na nosa vida diaria facendo que vexamos sempre todo da mesma maneira sen reparar en analizar os acontecementos dende outra prespectiva.

Pensamientos destructivos máis comúns

Sobreestimar o significado (esaxeración): significa esaxerar a importancia dos acontecementos (facer unha montaña dun gran de area).

Xeralización excesiva: supoñer que o que sucede nunha ou varias situacións vai suceder en todas ou casi todas as situacións.

Pensamento categórico: pensamento polarizado de todo ou nada, blanco ou negro, bo ou malo, olvidando o que hai no medio. Exemplo: ou saco un sobresaiente ou son un fracaso.

Etiquetado: aplicar etiquetas á xente ou ós acontecimientos e logo actuar como se a etiqueta describira a toda persoa ou acontecemento de modo exacto. Se aplicas a unha persoa ou cousa a etiqueta de aburrido, tenderás a pensar que sempre é así sen ter en conta información contradictoria.

Interpretar os retos como ameazas: Se sintes medo ou ansiedade tal vez estás vendo a situación como unha amenaza. Podemos probar a vela como un reto que queres superar.

Personalización: tomarse as cousas como algo persoal; supoñer, sen xustificación, que eres o centro de atención doutras persoas.

A tiranía do "debería": cuando te sintes mal porque as cousas non son como pensas que deberían ser. Podes aceptar a realidade tal e como é, cambiando o que podes cambiar e aceptar o que non podes cambiar, ou ben, podes martirizarte e deprimirte porque as cousas no son como ti queres que sexan.

Pensamento negativo: interpretar os acontecementos prestando atención só o lado negativo.É importanre recordar que sempre podes encontrar algo positivo; hai que buscalo.

Optimismo inxenuo: pensamento positivo esaxerado e non realista que implica pensar que todo salirá ben sempre e que nada malo pode pasarche fagas o que fagas.

Supoñer a validez dos sentimientos: significa supoñer que se tes un sentimento forte sobre algo, debe de ser certo. Por exemplo, "se o/a amo tanto ten que ser unha boa persoa".Os sentimentos non reflexan sempre a realidade, senon a interpretación que facemos dela, e pode ser correcta ou incorrecta.

Supoñer intencionalidade: significa supoñer que cando a xente fai algo que fire os teus sentimentos, tiña a intención de producir ese efecto.

O chivo expiatorio: buscar algo o alguén a quen culpar polo teu malestar e os teus problemas.

Conclusións precipitadas: significa facer xuicios precipitados basándote en evidencias insuficientes. Canto máis exaltados esteamos, máis probabilidade temos de facer esto. Se non temos suficientes datos para considerar algo como certo,mellor considéralo só unha hipótese.

Regras de interpretación inadecuadas. Significa interpretar os acontecementos usando regras demasiado ríxidas. Por exemplo, para unha persona moi sensible ó rechazo, unha crítica será sempre un ataque e nunca unha evaluación constructiva.

Hipótesis inverificables: trátase de creencias que non poden demostrarse. Con ditas hipótesis podes facer duas cousas: descartaras como inútiles ou mantelas se te fan sentir ben (como as creencias relixiosas). Por exemplo, supoñer que ninguén te vai querer nunca é unha hipótesis inverificable que fai sentir mal.

16 comentarios:

  1. Con tanto risco hipotético vai ser mellor pensar menos e actuar máis.
    Temos un diagnóstico pero agora fáltanos a terapia. Atentos quedamos.

    Bicos constructivos

    ResponderEliminar
  2. Me ha sorprendido que el optimismo exagerado esté catalogado como mal pensamiento. Tiene toda su lógica pero me sorprende verlo escrito.
    :)

    Besos!

    ResponderEliminar
  3. Por todo canto dís saco a conclusión
    que o mellor será tirar polo camiño
    do medio nin demasiado dunha cousa
    nin moi pouco da outra.
    Trataremos de ter pensamentos positivos.

    Como sempre, moi interesante.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Chousa:non hai terapia neste caso so son uns apuntes que poden axudar a ver que as veces podemos ver as cousas dunha maneira máis aberta.
    As veces é mellor actuar sen pensar e outras non, depende..como todo..
    Bicos
    Cris: si, conozco a gente que actúa así y es una actitud un poco kamikaze , por eso no es algo demasiado constructivo.
    Besiños
    Marisa: si,algo así seria adecuado, non pecharse a unha forma de ver as cousas, pode haber outras.
    Pensar en positivo sempre é máis saudable, ainda que non sexa sempre posible.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. ¡Já!

    Que yo los tengo todos! xDDDDDDDDDDDDDD me ha tocado la lotería.

    ResponderEliminar
  6. Buterflies: seguro que exageras... de todos modos si así fuese...el primer paso siempre es darse cuenta para cambiarlo.
    Besos linda!

    ResponderEliminar
  7. buffff; acábas de dar unha lista das miñas virtudes, Bolboreta... quen che puxo tanto ao tanto?? eh??

    ResponderEliminar
  8. Manuel: jajajajaajaja..Disque as meigas habelas hailas...pois iso.
    Non te preocupes que son "virtudes" do máis comúns..os que non temos unhas temos outras...pero hai remedio.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  9. Assim, não existe nada de mais prudente que não seja o meio termo, o equilibrio. Algumas pessoas buscam o equilibrio, outras apenas vivem, sem se preocuparem com a harmonia da vida.

    É isso aí.

    Beijos e otimo final de semana.

    ResponderEliminar
  10. Si...sería estupendo ser perfectos e sair fabricados en serie....

    1 12 bk

    ResponderEliminar
  11. Elcio: si, o equilibrio seria o ideal, a xusta medida para cada cousa..supoño que é o que se busca peroé difícil de acadar..sempre estamos nesa búsqueda.
    Bejinhos.

    Anónimo:
    Caramba! Qué ben usamos a ironía.
    Pois non, non se trata de ser perfectos, nin moito menos, non creo que deba de ser ese un obxectivo para ninguén.
    So se trataría de mellorar cousas que nos farian a vida un pouco máis fácil.
    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Xa estou de volta, estiven desaparecida de combate e sen conexión a internet, pero aqui me tedes de novo....personalizando, etiquetando, sacando as minhas propias conclusións precipitadas...hahahaa!!!!! unha aperta e parabéns polos teus marabilhosos post...sempre se aprende algo aleteando polo efecto bolboreta.

    ResponderEliminar
  13. Piensa en cosas alegres y ya verás como se marcha la tristeza.

    Besos de martes

    ResponderEliminar
  14. Vintxuca: como me alegra lerte por aquí de novo, benvida.Pásome pola tu "casa" a ver que hai de novo.
    Un bico moi grande.

    Una canción para ti: bien consejo y gracias por tu visita.
    Un beso de martes para ti también.

    ResponderEliminar
  15. Se pensas que non te vai querer ninguén é destructivo e pomnos tristes, si pensas que non poderás nunca querer a ninguén????...Bicos

    ResponderEliminar
  16. Maribel-bel: supoño que outro tano do mesmo, pensar eso non é moi constructivo. Determinado pensamentos poden ser barreiras que nos permitan facer determinadas cousas.
    Bicos!

    ResponderEliminar