jueves, 30 de julio de 2009

Casualidades

Todos tivemos a experiencia de vivir acontecementos casuais que nos deixaron un tanto sorprendidos , e ata isto que en principio parece algo tan trivial resultou ser digno de estudo. A coninuación relato algúns datos que poden ser interesantes.
As coincidencias poden ser de dous tipos: triviais, cando son xuzgadas normais ou debidas ó azar, e significativas ou razoables, cando podemos pensar que existe algún sentido oculto tras elas. Os encargados de estudar as coincidencias significativas estableceron diversas clasificacións agrupándoas en categorías, ainda que moitos casos poderían catalogarse indistintamente en varios apartados. Vexamos algúns exemplos:

ÚTILES: O actor Anthony Hopkins andivo buscando a lo longo de súa vida unha novela de George Feifer sen encontrarla ata que, de repente, viu un exemplar abandoado no metro. Durante a rodaxe da película baseada nesa mesma novela, aquela resultou ser a única copia -repleta de anotacións- que lle quedaba o autor; un amigo o que lla prestara perderaraa no metro.
O MUNDO É UN PANO: En 1914, unha muller alemana realizou seis fotos o seu fillo e encargoulle a unha amiga de Estrasburgo que lle revelase o carrete. Por culpa da guerra mundial non voltou a vela e non logrou localizar as fotografías. Dous anos despois adquiriu unha película cerca de Frankfurt e fotografou con ésta a súa filla recén nacida. Tras revelala, comprobóu con gran sorpresa que nela apreciabase unha dobre exposición, a que acababa de comprar era curiosamente a película que perdera en Estrasburgo.
LITERARIAS: En 1837, Edgar Allan Poe publicou "As aventuras de Arthur Gordon Pym". Nese relato, catro supervivientes dun afundimento, tras permanecer varios días nun bote á deriva, asasinaron e devoraron a un grumete chamado Richard Parker. Corenta e sete anos despois, a embarcación Mignonette afundiu e os catro supervivintes que lograron sobrevivir no bote decidiron comerse ó grumete; chamabase Richard Parker.
ADVERTENCIAS DE PERIGO: Morgan Robertson escribiu no ano 1898 unha novela na que describía a primeira viaxe dun gran transatlántico chamado Titán y que se consideraba "insumerxible". Aquel barco afundiu unha noite de abril despois de chocar cun iceberg no Atlántico. Catorce anos despois, o famoso Titanic naufragou en idénticas circunstancias ás descritas por Robertson, cuio ficticio buque posuía numerosas características parecidas as do Titanic.
VIDAS PARALELAS: En 1900, o rei Humberto I de Italia estivo ceando nun restaurante cuio propietario nacera no mesmo día e na mesma cidade que o monarca ademáis de ser moi parecido a él físicamente. Ambos casaron o mesmo día e cunha muller do mesmo nome. O dono do restaurante abrira o establecemento o mesmo día no que Humberto I de Italia foi coronado rey. Tales foron as coincidencias que o monarca invitouno a un campeonato de atletismo que se celebraba ó día seguiente. No mesmo instante en que lle comunicaron o rei que o seu dobre fora asasinado a balazos, o anarquista Bresci disparoulle causándolle a morte.
NUMÉRICAS:O compositor Richard Wagner naceu no ano 1813. O seu nome consta de 13 letras. Escribiu 13 óperas. Os números do ano do seu nacemento suman 13. Encontrou a súa vocación musical un 13 de outubro. Sufriu 13 anos de desterro. Terminu Tannhauser un 13 de abril e deixou de ser tocada el 13 de marzo de 1845, tras o seu fracaso en París, foi reposta o 13 de maio de 1895. O teatro de Riga (alí foi presentado como director de orquesta) inauguróse un 13 de septembro.A casa onde se facian o seus festivales en Bayreuth foi aberta un 13 de agosto e o último día que pasou nela foi un 13 de septiembre. Wagner faleceu el 13 de febreiro de 1883, decimotercer ano da unificación de Alemaña.
NOMBRES COINCIDENTES: En 1911, tres homes que se apellidaban Green, Berry y Hill foron aforcados en Londres acusados de asasinar a Sir Edmond Godfrey na súa residencia de Greenberry Hill.

Estas son algunhas das historias de grandes coincidencias que podedes atopar en diversos medios, poden ser certas ou pode que se fosen "deformando" co paso dos anos. Crelas ou non xa é cuestón de cada quen.
Pero si hai un dato obxetivo e é o feito de que as casualidades ou coincidencias ocorren, que podan ter algunha explicación máis alá do azar xa depende da interpetración que se faga delas.
O propio Carl Gustav Jung, recoñecido psicólogo e filósofo sentiuse atraido por este tema e acuñou o termo de sincronicidade que é una coincidencia significativa de dous ou máis sucesos na que está implicada algo máis que a probabilidad aleatoria.
No seu ensaio sobre a sincronicidade, subtitulado ,Un principio vinculante non causal, Jung internase sen medo nesta zona inexplorada (que él describe como "oscura, dudosa e rodeada de prexuizos"). Recórdanos que as leis naturais según as cales vivimos están baseadas no principio da causalidade; se pasa esto, ocurrirá aquelo outro. A observación empírica e as experiencias demostran que esto non é sempre así. Pero, insiste Jung, existen feitos que o antigo principio de causalidade non pode explicar.

2 comentarios:

  1. As casualidades existen, senón que nolo digan a nós...jijiji (sobre todo para o "malo")

    Biquiños a moreas!!!

    ResponderEliminar
  2. Si, si, deume que pensar o asunto . temos man para certas coincidencias, está máis que comprobado.
    Un biquiño!!

    ResponderEliminar