Meme 1.
Este meme chegoume dende Paideleo e tamén Chousa o deixou no seu blogue.Consiste en sortear un libro en galego ou portugués escrito, a poder ser, por un autor da zona. Unha vez escollido o libro pásaselle a bóla a cinco blogues máis. E o día 30 de novembro faise o sorteo do libro entre os comentaristas desta entrada.
Pois ben o libro que eu escollín para sortear é Os bicos de Tina de Alfonso Eiré un xornalista da vila, bastante polifacético, ademáis de escribir participa en programas de radio e se non me informei mal creo que é o director de A Nosa Terra. Comecei a botarlle unha ollada e a verdade é que ten moi boa pinta.
Voulle pasar a bola deste meme a : Marisa, Torreira e Arela se alguén se anima ademáis....e que despois teño outro meme e teño que repartir, pero son intercambiables, pódense facer un, os dous ou ningún o gusto do consumidor.
Meme 2.
Este meme chegoume dende o blogue de Cris e consite en:
1. Mostrar a imaxe do premio co enlace do blogue da persoa que che manandou o meme. Neste caso o blogue é Emblogada de Cris.
2.Elexir sete persoas a quén pasarllo: sete pareceme moita xente, pero voullo pasar a.....Chousa, Vitxuca, A.C e Paideleo se os demáis vos animades xa sabedes, os que elexín por suposto non están obrigados a facelo.
3.Escribir 7 cousas características e diferentes sobre un mesmo.
E estas cousas son:
1.Odio madrugar, cousa que levo facendo case toda a miña vida e a que nunca me acostumbrarei.
2. Non podo pasar nin un día sen escoitar música.
3.Premo calquer botón que se me poña por diante, en canto vexo un botón teño a necesidade irrefrenable de premelo, vánseme os dedos.
4.Encántame a comida e comer, disfruto comendo e o que máis me gusta é probar cousas novas como comidas doutros países.
5.Son bastante inxenua, o que me ten aportado algún que outro calote.
6. Sen colacao estou perdida, non me serve outra cousa para almorzar.
7. Non me gusta vestir os pantalóns antes que os calcentíns.
A ver se lle damos un pouco de vida a este Meme. Apúntame en todo caso!! ...e animoche, xunto cos lectores deste blog, a pasarvos pola miña casa recoller o voso número!!
ResponderEliminarEstás apuntado o primeiro.Xa me pasei a recoller un número.
ResponderEliminarGraciñas pola vista.
Un bico
Rara.
ResponderEliminarRara.
RAAAAAAAAARA!
Pero me alegro de no ser la única! jajajajaj
Un besazo muy grande
Recollo a bola .
ResponderEliminarApúntame tamén.
Biquiños
Quero número para o teu sorteo; e convídote a que veñas á Chousa (no post do sorteo do meu libro) a pedir o teu. Apuuuuura,que queda pouquiño!!!
ResponderEliminarO segundo meme gustoume moito polas sete cousas que dis de ti; pero eu léveme o diaño se teño 7 cousas que contar de min. E que conste que me molaría ben poñer esa imaxe na Chousa eh!!!!
7 bicos
Jajajja, yo también odio ponerme los pantalones antes que los calcetines... Es una sensación horrible!!! :)
ResponderEliminarBesitos y gracias!!!
o de premer botóns, dou fe, agora tería que contar a anécdota do avión cara Barcelona, pero... non vai ser posible, sen xestos non ten gracia jijiji
ResponderEliminarBiquiños rapaza!!!
Butterflies: si soy un poquito rarita :P
ResponderEliminarSemos muchos los raros.
Marisa: moi ben ,estas apuntada. Graciñas por recoller a bola. xa pasarei apuntarme para o sorteo.
Chousa: estás apuntado para o sorteo, paso agora arecoller o meu número.
Seguro que hai moitas cousas que te caracterizan, pero sempe nos custa máis velas en nos mesmo.
Cris: pensé que era la única, es una manía que tengo desde pequeña, para mi es una sensación que no me gusta nada.
Maruxiña:mellor non contar, que vergoza.¿non te apuntas o sorteo?
A Cris e Butterflies: el libro está en gallego, pero si aún así os apetece tenerlo me decis y os apunto.
Un bico xigasteco para cada un.
Lembra que xa non teño bloque, ter teño va pero non podería seguir coa cousa, así que vai ser que non pero non vos perdo pe...
ResponderEliminarBiquiños rapaza!!!
perdoooon, que bloque nunca tiven, quería decir blogue jijijiji
ResponderEliminarEu tamén quero un número, que un libro sempre presta.
ResponderEliminarMaruxiña: entran no sorteo os que comentan esta entrada e queren entrar en dito sorteo, non é necesario facer o meme ou ter blogue. Pensó que son así as normas, seno....así as poño eu neste caso. :)
ResponderEliminarBicos miña nena
Raposo:Tomo nota, estás anotado para o sorteo. Un bico e grazas pola visita.
Aquí voltoooo, monopolizando os comentarios, como non jijiji.
ResponderEliminarEntón só teño que pedir un número, non teño que facer nada máis (donar unha cantidade mensual??? separarme da miña familia??? rezar tódolos días??? jijijiji), se só é preciso eso, PIDO NÚMERO
Ala deica o próximo comentario, non vos vades librar de mín tan axiña jejeje
Biquiños miña!!!
Pues hombre, para que lo tenga yo, que lo tenga mejor alguien que lo vaya a entender...
ResponderEliminarDe todas formas, muchas gracias!
Jajajaj!
A min tampouco me gusta poñer os pantalóns antes que os calcetíns.
ResponderEliminarDame número para o libro.
ResponderEliminarPara o outro meme dame tempo, please.
Cris No hay de que
ResponderEliminarArela:pensei que era unha manía rara miña, pero xa vexo que non.
Paideleo: gárdoche numeriño, tes todo o tempo que precises, nin hai presa nin obriga de facelo.Así é todo, graciñas de anteman.
Un bico ben grande para cada un.
Graciñas Bolboreteira. A ver se animamos un pouquiño o meme entre todos!!!
ResponderEliminarAnótome, co teu permiso, o sorteo do primeiro meme, e invítoche a pasar por paxaradas para participar no meu sorteo. SAúdos e apertas
ResponderEliminarAnotada para Eiré, tamén co seu permiso :) Pásese polo meu pendello que tamén reparto números.
ResponderEliminarAnotados quedades An e besbe, encantada de que vos pasárades por aquí. Paso a recoller número correndo.
ResponderEliminarManue L.Rodrígues...xa queda pouco pero parace que non vai mal.
Un bico grande para cada un.
Acabo de realizar o sorteo do libro Os bicos de tina de Alfonso Eiré, non foi ante notario e a man inocente que sacou o papeliño fun eu mesma.
ResponderEliminarO agraciado é Chousa.
Deixo aquí a miña dirección de correo para poder mandarche o libro, comunicámonos e xa vemos como cho mando.
xaciasdorio@yahoo.es
Pois a cousa mesmo semella que ten truco. Se nos poñemos de acordo non sae mellor!.
ResponderEliminarXa contacto logo contigo no enderezo que indicas para facer o intercambio.
ResponderEliminarHola:
Te estoy enviando un correo a esa dirección (xaciasdorio@yahoo.es), no por lo del libro, y no hay forma, regresa devuelta
Comunicarte algo, sí. ¿Pero dónde, a qué dirección?
Envíame alguna o ponla aquí, una nueva dirección de correo, al menos durante un tiempo. Así podría contarte algo
Gracias...a milleiros