martes, 10 de noviembre de 2009

Son bravú!


Esta fin de semana celebrouse no pobo o festival castañeiro, e alá fumos despois dun montón de anos a pasar un pouco de frío e a disfrutar da música de grupos como Skandalo Gz(Ponteareas), Dixebra (Asturies) ,Kogito (Vigo),Peste e Sida (Lisboa,Portugal) e Talco (Venecia, Italia).
Cantos recordos me viñeron a cabeza de aqueles outros anos de festivalada sendo uns adolescentes e asustados con toda a fauna humana que se xuntaba no pobo, e flipadisimos cos grupos que viñan a tocar: Diplomáticos de Monte Alto, Herdeiros da Crus, Yelow Pixoliñas, Manolo Cabezabolo e un longo etc. Covertémonos no epicentro do movemento bravú gracias o grupo local Rastreros, gracias a eles tamén e por suposto o esfordo de moita xente do pobo que traballou moito para sacalo a flote de novo, hoxe podemos disfrutar deste festival cañero e castañero, que se recuperou hai tres anos despois de moito tempo de parón.
Bueno pois despois de tanto tempo decateime de que sigo sendo bravú, os anos non cambiaron iso de momento.
A canción que ahí deixo é dos Rastreros, saía no Xabarín Club de hai moitos ,moitos anos, aquí sigue sendo todo un himno, e cada vez que soa nalgures todos choutamos , berramos e cantamos.....

9 comentarios:

  1. Oish, si es que esas experiencias hay que vivirlas!!

    Aquí pasa algo parecido, se celebra este Viernes (bueno, Viernes, Sábado y Domingo...y creo que Lunes también) el WOMAD, aquí en Las Palmas. Es un festival que verdaderamente merece la pena ir a ver, porque hay una mezcla de culturas varias, y de tribus urbanas (los hippies, más que nada) que flipas.

    Un besazo!

    ResponderEliminar
  2. A música amansa as feras pero en ocasións tamén pode "enferecer" ás calmosas.

    ResponderEliminar
  3. Oh, pues no suena nada mal la música en gallego, fíjate. Pensé que me sonaría mas raro...

    :)

    Besitos!

    ResponderEliminar
  4. grazaaaaas maruxiña por lembrarme esta cantiga que taaaaaaaanto me justaba. hahahahaaaa!!!!!!!!!!!!!! beixos e apertas festivaleiras!!!!

    ResponderEliminar
  5. Pois sí que o pasamos ben, a pesar do frío.
    Eu teño que me decantar polo primeiro grupo, un pouco flipaos, peroooooooo esas versións de Kortatu e a Polla, juas. Son nova grupi de Skandalo GZ jijijiji.

    Biquiños guapiña, bonito e triste o mesmo tempo velo video dos Rastreros.

    ResponderEliminar
  6. Butter: lo de los festivale es algo que está muy de moda, de lo cual me alegro mucho, porque me encantan los concierto y la música en directo.Que dure y que vaya a más.
    Arela: a música transmite tanto que pode cambiar o noso estado de ánimo.Agradecida polo teu comentario, pasei polo voso blogue e paréceme moi interesante.Voltarei.
    Cris: el gallego queda genial sea como sea, es tan dulce, con tantos matices y tan melódico que para hacer música me parece perfecto.pero que voy a decir yo, no?
    Vintuxa:garcias por confundirme con Maruxiña, que é unha das miñas mellores e máis queridas amigas. A min tamén me gusta e traeme moitas lembranzas, alegrome de acercarche un cachiño de memoria, como decimos no traballo: lembrar é voltar a vivir.
    Maruxiña: a min tamén me gustaron moito Skandalo Gz, moi reivindicativo/a e teñen xeito para facer música, montan boa festa.
    Sí a min tamén me entristeceu cando o vin despois de tanto tempo, e creo que cada vez que haxa un Castañazo él virá o pensamento.Houberlle gustado velo..en fin que xa non puxen nada para non poñerme sentimental.
    Un bico bravú para todas.

    ResponderEliminar
  7. Encántame verte tan
    festeira e de tan
    bo humor, levántalle
    o ánimo a calquera
    neste tempo de vento e
    chuvia.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  8. Hola apreciada Marisiña. Festeira sempre che fun bastante e de bo humor si que estaba si...pero sempre pasan cousas e alá vai o bo humor..... ;)
    Ha de voltar!
    Un bico chuliña!

    ResponderEliminar
  9. No grupo de ponteareas toca un veciño meu,fai uns dias fun a unha cea-concerto do capitan furilo,antes chabanse o caiman do rio tea e tiñan unha cancion tamen no xabarin club"estou na lavadora",e paseno de puta nai.
    Os anos pasan pero sempre e bo sentirse xovenes,NON?.

    ResponderEliminar