
Os efectos curativos da música coñécense desde tempos inmemoriales. A musicoterapia é o uso da música para mellorar o funcionamiento físico, psicolóxico, intelectual ou social de persoas que teñen problemas de saude ou educativos.
A musicoterapia úsase con nenos, con adultos e persoas da terceira idade con diferentes problemas. Tamén se emprega con persoas que non están enfermas ou que non teñen ningún problema, para mellorar o benestar persoal, para desarrollar a creatividade, mellorar a aprendizaxe, as relacións interpersonais e para o bo manexo do estrés.
Coa musicoterapia intentase facer chegar ó cerebro uns estímulos que o leven a unha relaxación ou anulación dos que reproducen a enfermidade, a través de diversas melodías coas que se poden conseguir efectos sorprendentes.
Ainda que a musicoterapia xa se coñece dende a antigüedade, nos anos 40 do pasado século utilizábase como rama da medicina recuperativa, que con efectos fisiolóxicos, afectivos e mentais, contribuia a un equilibrio psicofísico das persoas. Hoxe aplícase fundamentalmente en desequilibrios nerviosos, inflúe positivamente sobre o corazón e pulmóns, alcoholismo, drogodependencias....e un longo etc.
Os alcances da música como terapia, transcendeu fronteiras, idiomas e ideoloxías. Por exemplo, en China posuen innumerables álbumes musicais con títulos como: Estreñimento, Insomnio, Fígado, Corazón, etc.
Un estudo da Universidade do Estado de Michigan probou que escoitar 15 minutos de música, incrementaba os niveis de Interleukina en sange. As interleukinas son sustancias que aparecen na adecuada resposta do sistema inmune.
En moitas ocasións na nosa vidas pudemos sentir cómo unha peza musical nos pode traer un precioso recordo e facernos sentir mellor, ou tal vez lle cantasemos a un neno alguna melodía para calmalo ou durmilo, ou nos nosos momentos de soidade, de euforia ou depresión, unha canción pudo ser a nosa cómplice e compañeira, como a música pode cambiar o noso estádo de ánimo, como nos pode facer sentir cousas ou marcar momentos da nosa vida.
Bueno, pois aquí vos deixo unha canción que no seu momento pasou bastante desapercibida pero que agora está moi de moda, a min sempre me gustou e levántame o ánimo sempre que a escoito.