lunes, 13 de diciembre de 2010
Sobre amar e sufrir
Recorda sempre unha cousa: é bo estar namorado; é unha gran virtude.
Se non flúe cunha determinada persoa, é mellor que flúa con outra, pero non te quedes estancado; do contrario, sufrirás e farás que a túa parella sufra, sufriredes os dous. E o problema é que se sufres demasiado, volveraste adicto o teu sufrimento. Entón empezarás a sentir unha especie de pracer no sufrimento e será moi difícil sair de aí.
Será un gran problema.
Osho
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pero... ¿amar non é un xeito de sufrir en si mesmo? Inda que flúa, inda que as bolboretas anden a tombos na boca do estómago, ¿eso non é sufrir? (Inda que sexa con gusto)
ResponderEliminarBicosss
Osho sempre nos deixa
ResponderEliminarpalabras sabias.
Moitos bicos
Estou observando que ese Osho (seguriño que os de Oysho lle copiaron o nome) tenche razón en algunhas cousas. E xa que o xesto no cumio do amor, seméllase moitísimo á expresión que se pon co sufrimento, vou concluir que so un finísimo papel separa a un do outro...
ResponderEliminarBicos sin sufrimento
Creo que querer a alguén é unha das mellores emocións que pode sentir o ser humano e non falemos si o chegamos a amar. Tamén e certo que é moi doado sufrir por amor, mentres tanto, gozaremos do que temos, dese presente
ResponderEliminarGrazas Bolboreteira por invitarnos a reflexión. Un saúdo.
Gaeron: o amor conleva certo sufrimento, pero se todo se converte en sufrir e non en disfrutar do bo de estar namorado....Amar e disfruta de o co outro (na miña humilde opnión).
ResponderEliminarBicos!!
Marisa: Osho é un grande sabio e di cousas que invitan a reflexión.
Biquiños!
Chousa; o tema é que se sufre moito co desamor e por iso asociamos amar con sufrir...é como eu o vexo.
Biquiños!
FERNANDO SANCHO BLANCO: a capacidade de amar é o que máis grande fai o ser humán. Poder vivir as emocións que produce o amor sempre merece a pena ainda que o desamor pase unha factura moitas veces grande de máis.
Biquiños!
Aquelo que non se controla(particularmente) sinto que doe, ainda sendo correspondido. É algo intanxible que provoca desacougo porque sempre remata(penso eu). Bicazos de sol
ResponderEliminarCertamente son sabias palabras. Tomo nota!
ResponderEliminarMaribel-bel:e mellor que disfrutar o momento e non anticipar acontecementos para non sufrir antes de tempo.
ResponderEliminarBicos!!!!!
Raposo:Osho di algunhas cousas interesantes, nalgún momento póden ser de axuda.
Bicoss!
No amor que remata un debe ser valente e arriscado para fuxir do sufrimento, porque nunca sabes si o que está por vir vai ser mellor que o que tes.
ResponderEliminarAlédome que te gustara o meu blog. A min o teu encántame! Bicos!
Magdalena Malungo: estou totalmente de acordo contigo, sabias palabras as túas tamén.
ResponderEliminarGracias!
Biquiños