lunes, 13 de diciembre de 2010

Sobre amar e sufrir


Recorda sempre unha cousa: é bo estar namorado; é unha gran virtude.

Se non flúe cunha determinada persoa, é mellor que flúa con outra, pero non te quedes estancado; do contrario, sufrirás e farás que a túa parella sufra, sufriredes os dous. E o problema é que se sufres demasiado, volveraste adicto o teu sufrimento. Entón empezarás a sentir unha especie de pracer no sufrimento e será moi difícil sair de aí.
Será un gran problema.

Osho

10 comentarios:

  1. Pero... ¿amar non é un xeito de sufrir en si mesmo? Inda que flúa, inda que as bolboretas anden a tombos na boca do estómago, ¿eso non é sufrir? (Inda que sexa con gusto)

    Bicosss

    ResponderEliminar
  2. Osho sempre nos deixa
    palabras sabias.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Estou observando que ese Osho (seguriño que os de Oysho lle copiaron o nome) tenche razón en algunhas cousas. E xa que o xesto no cumio do amor, seméllase moitísimo á expresión que se pon co sufrimento, vou concluir que so un finísimo papel separa a un do outro...

    Bicos sin sufrimento

    ResponderEliminar
  4. Creo que querer a alguén é unha das mellores emocións que pode sentir o ser humano e non falemos si o chegamos a amar. Tamén e certo que é moi doado sufrir por amor, mentres tanto, gozaremos do que temos, dese presente
    Grazas Bolboreteira por invitarnos a reflexión. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Gaeron: o amor conleva certo sufrimento, pero se todo se converte en sufrir e non en disfrutar do bo de estar namorado....Amar e disfruta de o co outro (na miña humilde opnión).
    Bicos!!
    Marisa: Osho é un grande sabio e di cousas que invitan a reflexión.
    Biquiños!
    Chousa; o tema é que se sufre moito co desamor e por iso asociamos amar con sufrir...é como eu o vexo.
    Biquiños!
    FERNANDO SANCHO BLANCO: a capacidade de amar é o que máis grande fai o ser humán. Poder vivir as emocións que produce o amor sempre merece a pena ainda que o desamor pase unha factura moitas veces grande de máis.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  6. Aquelo que non se controla(particularmente) sinto que doe, ainda sendo correspondido. É algo intanxible que provoca desacougo porque sempre remata(penso eu). Bicazos de sol

    ResponderEliminar
  7. Certamente son sabias palabras. Tomo nota!

    ResponderEliminar
  8. Maribel-bel:e mellor que disfrutar o momento e non anticipar acontecementos para non sufrir antes de tempo.

    Bicos!!!!!
    Raposo:Osho di algunhas cousas interesantes, nalgún momento póden ser de axuda.
    Bicoss!

    ResponderEliminar
  9. No amor que remata un debe ser valente e arriscado para fuxir do sufrimento, porque nunca sabes si o que está por vir vai ser mellor que o que tes.
    Alédome que te gustara o meu blog. A min o teu encántame! Bicos!

    ResponderEliminar
  10. Magdalena Malungo: estou totalmente de acordo contigo, sabias palabras as túas tamén.
    Gracias!
    Biquiños

    ResponderEliminar