jueves, 13 de agosto de 2009

Verdades sobre a mentira




Mentir é "decir algo que non é verdade con intención de enganar". E unha definición máis académica, "expresión ou manifestación contraria ó que se sabe, cree ou pensa". Así que quen engana ou confunde sen ser consciente de facelo, non minte: simplemente trasmite ós demáis a súa propia equivocación.
A única verdade é que todos mentimos, por acción ou por omisión pero facémolo. Conforme imos medrando, descubrimos que a sinceridade non é sempre posible ou convinte porque podemos causar máis dano que con unha mentira. Hai mentiras máis positivas que outras xa que hai moitas situacións nas que unha mentira ten un efecto beneficioso ou paliativo se a transmitimos de maneira correcta.
Todos, antes ou despois, mentiremos o longo da vida e é bo non dramatizar tanto co tema e abordalo con sensatez e na súa xusta medida.
É moi importante ter en conta a relación que cada pesoa mantén coa mentira. Hai individuos que só recurren á mentira cando é compasiva, ou cando lles proporciona resultados positivos sen xerar engano importante ou si se trata dunha tontería. Tamén os hai que minten a miudo, casi por costume e só en temas pouco relevantes ou quen minte para encubrir cousas que cree que van ser desaprobadas por os demáis.
Pero non debemos deixar de lado os que minten esporádicamente pero a conciencia, xerando dano ós demáis ou perseguindo beneficios personais. E tamén os hai que minten, ou calan verdades necesarias, por timidez, por vergonza ou por falta de carácter. Por último, están os mentirosos patolóxicos, que minten cunha facilidade escandalosa, por conveniencia ou por unha absoluta e descarada falta de respeto á verdade.
Hai persoas que non mienten nunca por razóns ben distintas da ética: por medo a ser descubertos, por temor a no recordar os detalles da mentira no futuro, por orgullo... Pero razóns bastante similares son as que poden impulsarnos a mentir ou omitir o que pensamos ou sabemos. Tan importante como mentir ou decir a verdade é a intención con que se fai calquera das dúas cousas. Ese é o verdadeiro dilema moral. Unha mentira que non dana a ninguén ou incluso reporta beneficio o seu destinatario pode ser máis defendible que unha verdade que causa dolor innecesariamente.
Mentimos por moitas razóns: por conveniencia, odio, compaixón, envexa, egoísmo, ou por necesidade, ou como defensa ante unha agresión; pero non todas as mentiras son iguais. As máis inconvintes son as mentiras para non responsabilizarnos das consecuencias dos nosos actos. E as inadmisibles son as que fan dano, as que equivocan e as que poden conducir a tomar decisións perxudiciais. Os dous parámetros esenciais para medir a gravedade da mentira son a intención que a impulsa e o efecto que causa.
A mentira racional persigue un interés concreto, é malévola e emitese coa intención de perxudicar ao enganado.
As relaciósn humanas baseanse na confianza e recurrimos a un protocolo de comunicación ou finximento no que o disimulo e a mentira son comopñentes esenciais.Non somos igual de sinceros ante uns que ante outros e non sempre máis sinceridade xera unha maior confianza.
A información é poder, sabelo todo sobre alguén equivale a unha forma de posesión. en certa maneira, a amizadee ou o amor mídense por o grao de coñecemento recíproco da intimidad, e pola confianza existente entre as persoas. A confianza é unha actitude básica, porque preside a totalidade das interaccións. Apostar pola confianza do outro é considerarlo de fiar.
Se queremos ser críbles, gozar da confianza allena, teremos que deixar de lado o engano.
A mentira pode facer moito dano o que a recibe pero a quen máis perxudica é o mentiroso, xa que o convirte nunha persoa pouco fiable, indigna de confianza e carente de crédito.
Unha das máis dañinas clases de mentira é o autoengano. Se nos creemos e mostramos como non somos, nunca saberemos se nos queren ou desprezan a nos mesmos ou á imaxe fraudulenta que nos fabricamos.Tamén autoenganarnos nos leva a facer ou manter cousas nas nosas vidas pensando que son necesarias, que nos fan falla ou que é o conveniente cando no fondo sabemos que non é asi, isto pode conducir a cometer erros que marquen as nosas vidas e incluso a infelicidade. As veces vemos o que queremos ver, enganadonos a nos mesmos.

5 comentarios:

  1. Aínda que todos mentimos nun momento dado, non serei eu quen tire a primeira pedra, eu sempre preferirei que me fagan dano coa verdade.

    Biquiños verdadeiros!!!

    ResponderEliminar
  2. Ainda que pareza innecesaria, a mentira tamén ten direito a existir, a serve para decatarnos de como son as verdades, e aprecialas.
    Pero sí, as relacions humanas suelen ser complexas e moi dificultosas.
    Graciñas polas tuas visitas a o meu blog, dende logo, encnatame terte como lectora.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Hay mentiras necesarias e mentiras innecesarias, quédome coas primeiras.
    Todos mentimos nalgún momento por motivos varios, o importante nestes casos e non facer mal coa mentira.
    Ainda que para min a sinceridade é un valor imortante, recoñezo que non é nada fácil ser sincero canto se quere.
    Sir Bra; Halagame o teu cometario. é un pracer lerte.
    Bicos verdadeiros para os dous

    ResponderEliminar
  4. A peor mentira é aquela que por
    envexa ou por medo a ser sustitúido
    por outra persoa que él cree que
    lle pode facer sombra acomete contra ela
    con falsos testimonios e calumnias
    derrubando o seu prestixio e incluso
    destruíla da forma máis ignominiosa.

    Estou de acordo en que hai mentiras que poden facer mais ben que a propia verdade.

    Un tema moi interesante.

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  5. Esa é a técnica do trepa, que como non ten outro tipo de recursos para facerse valer por si mesmo ten que subir a costa de mentir machacando os demáis.
    Graciñas polo teu comentaria Marisa.
    Un biquiño

    ResponderEliminar