lunes, 15 de junio de 2009

Criticar por criticar

Zeus fixo un touro, Prometeo un home, Atenea unha casa, e chamaron a Momo como xuiz.

Momo, ciumento das súas obras, comenzou a dicir que Zeus cometera un error o non colocar os ollos do touro nos cornos, a fin de que puidera ver ónde fería, e Prometeo outro o non suspender o corazón do home fora do seu peito para que a maldade non estivera escondida e todos puideran ver o que hai no espíritu. En canto a Atenea, díxolle que debera colocar a súa casa sobre rodas, con obxectivo de que se un malvado se instalaba na vecindade, os seus moradores puideran trasladarse fácilmente.

Zeus, indignado pola súa envexa, arroxou a Momo do Olimpo.

Todas as fábulas teñen a súa moralexa, esta o que nos quere dicir é que calquera cousa que fagamos, por moi ben feita que esté ou por moi boa vontade que poñamos en facela pode ser criticada por calquera. Sempre haberá alguén que tope un motivo para criticar as nosas accións ou a nos mesmos.
Esta é unha realidade, e ningures falta alguén que lle guste criticar por criticar, que observe e que sexa capaz de encontrar algo que obxetar hasta naquelo que parece imposible que teña algunha pega ou defecto.
En todo caso os principais xuices das nosas accións penso que debemos ser nos mesmos, e que cando considemos que actuamos ben non debemos deixar que as críticas pouco costructivas nos afecten.

2 comentarios:

  1. Estou totalmente de acordo, sobre todo na última parte da entrada. Os maiores críticos dos nosos actos debemos ser nós mesmos. Eu sempre digo que se un ten a conciencia tranquila é que está actuando ben, cando non é así a todos se nos rebela Pepiño "O grilo" jijiji.

    Biquiños rapaza!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois si, o que máis nos debe de preocupar é o que pensamos de nos mesmos.Quen te critique nunca ha faltar.
    Bicos nena!

    ResponderEliminar