Esta noite celebrase en todo Galicia a Noite Meiga, a Noite de San Xuan, a máis curta de todas as noites.
Ritos e tradicións, creencias e superstición mezclanse en Galicia durante a noite do 23 o 24 de Xunio. A memoria colectiva da “Terra Meiga” ten acumuladas historias vivas,moitas delas conservadas gracias a tradición oral e as festas que se transmitiron de xeración en xeración e que hoxe gozan do apremio de propios y extranos. …Contan as lendas que, cando se pon o sol que alumbra o día 23 de Xunio, as lareiras das meigas convertense en improvisados laboratorios onde potes, ungüentos e conxuros mezclanse en combinados conxuros como preámbulo do seu vo nocturno. Pero tamén hainas que deciden recibir o solsticio o amparo dos montes, nunha barca que surca o mar ou en reunións en descampados, covas, ríos e regatos. De ahí que ata no lugar máis recóndito de Galicia encéndese unha fogueira como símbolo purificador e protector. E o lume que, una vez feito brasas,saltase o berro de “Bruxas fóra” co fin de espantar os males que podan aveciñarse. É o redor dunha fogueira onde a simboloxía encontra a sua máxima expresión e presenza popular: reunidos en torno o lume, cántase, bailase, cómese e bébese co fin de espantar a os malos espíritus.
Algún dos rituais máis arraigados desta noite son: meter en auga rosas, saúco, hinoxo, torvisco, palitroques, herba de San Xuan, cardos e outras frores poñelo o rocio durante a noite recollelo antes de que amaneza para lavarse logo con este auga boa especialmete para os males da pel; lavarse a medianoite nunha fonte, regato ou na mar; botar sal por riba dos tellados…, roubar cancelos , carros escondelos nos sitios máis insospeitados, tocar as campás da igrexia.........e por suposto facer a queimada co seu conseguinte conxuro para espantar todo o malo.
Conxuro da queimada.
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras. Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.
A disfrutar todos desta noite meiga e máxica, e sobre todo cuidadín con non caer co cu nas brasa da fogueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario