sábado, 6 de junio de 2009

Rir




Fai xa un tempo acudín a un taller de risotepia. E algunhas cousas que aprendín sobre a risa e os seus beneficios son as seguintes:

A risa é un bo exercicio físico, xa que poñemos en marcha 400 músculos, incluidos algúns do estómago.É o exercicio aeróbico máis sano. Está comprobado que un minuto de risa equivale a 45 minutos de relaxación. Co exercicio físico que realizamos o rirnos, aumentamos a actividade do diafragma, o tórax e os pulmóns.
Os ósos da columna vertebral y as cervicais, onde solemos acumular as tensións, estiranse.
Lubricación e limpeza dos ollos coas bágoas. As carcajadas fan vibrar a cabeza, despexan a nariz e o oído. Tamén elimina toxinas do organismo.
Entra o dobre de aire nos pulmóns e a pel osixenase máis.
Favorece a producción de endorfinas e catecolaminas no cerebro, que axudan a un bo equilibrio psíquico da persoa e a combatir a dor, o que ocasiona á persoa certa sensación de benestar. Provoca gran serenidade, reduce a ansiedade e o estrés e aumenta a creatividade.
Mellora as relacións humanas e a calidade de vida.
Xenera unha actitude positiva estimulante para cambiar a forma de vida.
Axuda a encontrarnos mellor con nos mesmos e cos demáis.
Reforza a seguridade nun mesmo, así como a autoestima.
Preven problemas dixestivos, migrañas, problemas cardiovasculares, arteriosclerosis, alerxias, resfriados comuns, fatiga física e mental, insomnios, fortalece o sistema inmunolóxico,…
Amortigua o cansancio e o agotamento.
Redescubre a alegría de xogar, recuperando a creatividade do neno ou nena interior que todos levamos dentro.
Hai estudos que demostran que os nenos rinse unhas 300 veces o día mentres que un adulto o fai entre 10 e 20 veces o día. O descenso é considerable...polo tanto !!adultos do mundo!!...en vista do bo que é rirse, rianse máis que sae a conta.
Para rir un pouco...ou a lo menos sorrir.










No hay comentarios:

Publicar un comentario