martes, 4 de agosto de 2009

Optimismo




Din os especialistas que o optimismo é o camiño máis curto hacia a felicidade. ¿Nácese optimista ou é posible aprender a mirar á vida con ollos máis venturosos?

A definición de optimismo que atopamos no diccionario é “a propensión a ver e xuzgar as cousas no seu aspecto máis favorable”. Dacordo con isto, quenes hoxe investigan as características do optimismo deteñese en dúas cuestións principais: ¿O optimismo é a actitude que nos guía á felicidade máis contundentemente? ¿É unha cualidade innata ou podemos aprendela?
Os científicos responden á primeira cuestión afirmando que as persoas optimistas son máis felices por mirar o mundo con mellores ollos. Esta actitude favoreceos en cuestións de saude ( enferman menos ou transcurren as enfermidades de mellor ánimo) , e ademáis teñen máis éxito nos seus traballos, os seus estudos ou calquer outra actividade que realicen.Soen ter un espiritu máis combativo, réndense con menos facilidade, e sobrelevan as adversidades de mellor maneira.
En canto á segunda cuestión, existen moitas máis dudas que certezas. Moitos pensadores, como o fundador da psicoloxía positiva Martin Seligman, afirman que ata as persoas máis cínicas son capaces de aprender optimismo e mellorar a súas vidas.
O importante é remarcar que mentras o pesimista síntese impotente ante a adversidade, o optimista considera os golpes da vida como desafíos temporais e reversibles.
A investigadora estadounidense Carol Dweck, autora do libro “Mindset“, tambén opina que o optimismo pode aprenderse. Considera que o optimismo está ó alcance de todos con só adoptar o que ela define como “mentalidade de cambio”: ter conciencia de que somos persoas cambiantes, que crecemos cada vez que nos arriscamos a aprender algo novo e que o optimismo incrementa cando nos damos conta de que somos donos do noso destino.
A mellor maneira de criar optimistas é educando os máis novos cunha “mentalidad de crecemento”: aumentar a súa autoconfianza felicitándolos polos seus esforzos e non polos seus logros.

5 comentarios:

  1. Está claro que o optimismo mellora a túa calidade de vida, pero ás veces a realidade peta a túa porta... Non sei quen dicía "non son pesimista, son un optimista informado" jijiji.

    Biquiños a moreas

    ResponderEliminar
  2. A realidade é a que é, o que cambia non é a forma de vela senon a maneira de afrontala.
    Un biquiño nena

    ResponderEliminar
  3. Quizáis poidera convertirse nun ben que poidera enviarse dende lonxe.
    Eu enviaríallo a moitas persoas que sospeito que andan un pouco escasos de boa voluntade, e por soposto, de optimismo.
    E unha magoa que non sexa posible.
    Mais en todo o demais me parece que falas con certa sapiencia sobre o asunto.
    Estou seguro de que o optimismo e unha forza da que todos podemos dispoñer.
    Mais as veces non e doado atopalo.
    Saudiños.

    ResponderEliminar
  4. Levar unha vida con
    optimismo non hai dúbida
    que mellora a saúde
    pero facelo de cotío
    coido que debe ser
    bastante dífícil.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  5. Sir Bran:si estaría ben poder enviar ese tipo de cousas... o mellor pódese¿quén sabe non?. Non son unha esperta no tema, sapiencian non moita.. so sei que o oposto ó optimismo non serve de nada,é pouco práctico.
    Marisa, si encontro difícil ser optimista sempre , é como o de estar ben e ledo sempre... imposible. É máis penso que todos necesitamos momentos para estar mal, para velo todo negro como a noite... O optimista sae antes de ahí.
    Biquiños para os dous

    ResponderEliminar