lunes, 10 de agosto de 2009

A verdadeira idade





A idade cronolóxica non coincide coa idade biolóxica que realmente temos, porque non todos envellecemos igual.
Os nosos hábitos, costumes, gustos, tendencias, pensamentos, ideas e formas de ver o mundo poden limitar ou extender o noso paso por este planeta.
Un dos aspectos que máis preocupa os ciudadans do nosos mundo é a idade. Cumplir anos, lonxe de ser un motivo de celebración, como paradóxicamente pasa, é un motivo para poñerse triste e preocuparse por estar facéndose maior.
Sentir o paso dos anos non deixa indiferente a ninguén. A fecha na que nacemos marca a nosa idade cronolóxica, pero non é a única idade que podemos ter. Existe outra idade máis relevante, xa que marca a evolución e a natureza das nosas células; moitos estudosos afirman que a idade biolóxica é a idade real.
Científicos do instituto alemán Max Planck identificaron por primeira vez un grupo de proteínas que permiten coñecer a verdadeira idade biolóxica de un individuo. Trátase de moléculas que se liberan cando os extremos dos cromosomas (telómeros) se acurtan, un fenómeno que según se demostrou está ligado ó envellecemento. Esas mesmas proteínas aparecen tamén cando o ADN das células sofre algún tipo de dano. Medindo os niveis destes biomarcadores en sange pódese averiguar a qué velocidade está envellecendo o noso organismo.
O corpo humán ten capacidades distintas dependendo dos factores nos que nos desenvolbamos, é decir, cada persoa ten o esu propio organismo e a súa propia vida, e a idade biolóxica dependerá da verdadeira idade das nosas células.
O paso do tempo non afecta do mesmo modo a todas as persoas, que ademáis, están expostas a distintas situacións que condicionan a súa vida: o traballo, as relacións có resto das persoas, o clima, o lugar de nacemento, a propia natureza da persoa, … Todos estes son factores que afectan á idade biolóxica, pero que evidentemente, no teñen nada que ver co a idade cronolóxica.
Ademáis hai outro tipo de idade que é a idade de espíritu, é decir, o como cada quen se sente independentemente da idade cronolóxica que teña, todos coñeceremos casos de xente moi nova que se sente ou pensa como alguén de moitos máis anos, ou xente moi maior con formas de pensar e de vivir que non correspondería a súa idade( se iso está escrito nalgures). Para min esta é a idade máis importante e a que condiciona máis o noso xeito de vivir e a nosa capacidade de disfrutar do paso dos anos.

3 comentarios:

  1. Teño coñecido xente maior que ten moita máis "marcha" ca mín, o caso contrario cuspidiño, xente nova que está avellentada de todo. Totalmente dacordo contigo.

    Biquiños a moreas!!!

    ResponderEliminar
  2. Esa edade do espíritu
    é a máis importante polo
    tanto a que máis se debe
    cultivar.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Pois si nenas!!
    Eu é o que penso, a idade de espíritu é dende logo a máis imporatante e como dis Marisa a que deberiamos cultivar para manternos sempre xoves.
    Bicos para as dúas.

    ResponderEliminar