lunes, 28 de septiembre de 2009

Sabiduria infantil


Un neno sempre pode ensinar tres cousas a un adulto: a poñerse contento sen motivo, a estar sempre ocupado con algo e a saber esixir con todas as súas forzas aquelo que desexa.
Paulo Cohello

lunes, 21 de septiembre de 2009

O camiño de sempre


Un día, un becerro tivo que atravesar un bosque virxe para volver a súa morada. Como era un animal irracional, abriu un sendeiro tortuoso, cheo de curvas, subindo e baixando colinas.O día seguiente, un can que pasaba por alí usou ese mesmo sendeiro para atravesar o bosque. Despóis foi o turno dun carneiro, xefe dun rabaño, que vendo o espazo xa aberto fixo que os seus compañeiros seguiran por alí. Máis tarde, os homes comenzaron a usar ese sendeiro: entraban e saían, xiraban á dereita e á esquerda, descendían, desviabanse dos obstáculos, queixándose e maldicindo, con toda razón. Pero non facían nada para crear unha nova alternativa.Despois de tanto uso, o sendeiro acabou convertido nun amplo camiño onde os pobres animais cansaban baixo pesadas cargas, obrigados a percorrer en tres horas unha distancia que podería haber sido vencida en trinta minutos se non houberan seguido a vía aberta polo becerro.Pasaron moitos anos e o camiño convirtiuse na rúa principal dunha aldea e, finalmente, na avenida principal dunha ciudade. Todos se queixaban do tránsito, porque o traxecto era o peor posible.Mentras tanto, o vello e sabio bosque ría, ó ver que os hombres teñen a tendencia a seguir como cegos o camiño que xa está aberto, sen preguntarse nunca se esa é a mellor elección.
¿Seguir o rebaño ou buscar alternativas?¿Aceptar o preestablecido ou cuestionalo buscando algo diferente?¿Empeñarnos unha e outra vez tropezando na mesma pedra ou evitala sorteandoa dun novo xeito?

viernes, 18 de septiembre de 2009

Rumores


O rumor é un chisme sen fundamento que pasa de boca en boca cun fin polo xeral inconfesable, e é curioso ver cómo perdura na mente da xente e se extende, sen unha mínima proba que o respalde.
Para que se incorpore ós diálogos cotidianos da xente, o asunto debe ser suficientemente importante e tamén ambiguo; o motor do rumor é o seu tema, que ten que ser o máis truculento posible, e referirse a situacións escandalosas ou ocultas das víctimas para satisfacer o afán dos demáis de facer xusticia.
O rumor é lanzado nun medio e difundido convenientemente cumplindo os obxetivos dos individuos partícipes da transmisión, que obran polo xeral motivados por intereses non moi éticos.
Os rumores sofren alteracións no seu contido polo afán da xente de mellorar e añadir detalles e según a percepción dos suxetos que os esparcen.
Polo tanto, un rumor de certa antigüedade pode estar tan deformado pola circulación que ata pode chegar a significar o oposto.
Un rumor é un fenómeno social e depende do modo de percibir a realidade dos individuos que participan na súa difusión. Cada individuo imprimiralle, no seu afán de explicación,a súa forma de ver o mundo e o seu estado emocional, modificando o relato dacordo a súas experiencias.
Polo tanto, a historia do rumor sufrirá unha serie de modificacións acordes ás preferencias, prexuizos, predisposicións, e co paso do tempo,o seu contido, axustarase convenientemente o seus preconceptos.
Por iso como dí miña avoa do que vexas cree a metade e do que oigas nada.Sueloo levar a rajatabla.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

A importancia dun bico

Un bico é bastante máis que un bico. Un bico ,ainda que soe un tanto frío, é ante todo un intercambio crudo de información que pode revelar en poucos segundos se somos ou non xenéticamente compatibles cos nosos pretendentes, se merece a pena esa relación ou se hai que pasar de folla e proseguir a búsqueda.
«Hay muchas fuerzas que pueden conectar románticamente a dos personas», admite o psicólogo Gordon Gallup. «Pero un beso, y particularmente el primer beso, puede romper fácilmente el vínculo».
Gordon Gallup, Susan Hughes y Marissa Harrison son os autores dun recente estudo titulado 'A psicobioloxía do bico romántico', que saltou á portada de 'Scientific American Mind' e serviu para replantexar todo o que ata agora se sabía sobre o contacto boca a boca. Segundo unha sondaxe realizada polos tres especialistas entre 1.041 estudantes da Universidade de Albany, o primero bico serviu para que moitos perderan o interese pola súa potencial parella.
«Cuando dos personas se besan, se está produciendo un complejo intercambio de señales químicas», sosten Gallup. «Ese contacto puede activar mecanismos inconscientes que actúan para evaluar nuestra compatibilidad genética o nuestra viabilidad reproductiva con la persona que estamos besando».
Así explica, na súa opinión, o rechazo repentino que moita xente experimenta tras a primera descarga á altura dos beizos. As neuronas sensoriais entran en acción e as mensaxes bombardean o cerebro nuns instantes que serán decisivos. A experiencia é similar nos homes e nas mulleres, ainda que ambos valoren de distinta forma o feito de bicarse.
«Los hombres y las mujeres se besan frecuentemente por distintas razones», afirma Gordon Gallup. «Aunque ambos lo consideren por igual un acto altamente romántico, lo cierto es que para ellas es más importante que para ellos en todas las fases de la relación».
Dacordo co estudo da Universidade de Albany, a maioría das mulleres «insisten na necesidade de bicarse antes e despois dun encontro sexual», mentras os homes son máis proclives ó sexo sen a mediación dun bico. Paradóxicamente, para eles o bico é casi sempre preámbulo dun contacto sexual, mentras que para elas é unha estratexia para tantear o estado da relación e de evaluar o nivel de compromiso da súa parella.

Outro recente estudo, elaborado pola psicóloga Wendy L. Hill da Universidade Lafayette, revelouo que os bicos liberan moita maior cantidade de oxitocina –a hormona que potencia o vínculo emocional– nos homes maís que nas mulleres. Moralexa: elas necesitan máis que un bico para sentirse «conectadas».
«Antes de que existieran los pasapurés y la comida para bebés, las madres masticaban y transferían pequeñas cantidades de alimento a sus hijos», recorda o psicólogo Gordon Gallup. «Lo que hoy llamamos beso, y que es un acto definitorio de la conducta humana y de otras especies altamente evolucionadas, puede haber tenido su origen en esa forma primitiva de alimentación».
Dalgunha maneira, ese bico protoparental acabou evolucionando ata convertirse en parte do ritual de galanteo entre machos e femias. E tamén como mostra de afecto –ou paixón– entre os membros dun clan ou unha familia.
O primatólogo Frans B.M. de Waal relataba recentemente a experiencia do empleado dun zoo que accedeu a darse un bico nos beizos cun bonobo... ata que reaccionou sorprendido porque o primate lle estaba metendo a lingua na boca. Non saben nada estes bonobos.

martes, 15 de septiembre de 2009

Ofensa e dano


Navegando pola rede atopei estas palabras, as que me pareceron moi acertadas ,aquí as deixo para compartilas con vos.
En épocas recentes é cada vez máis frecuente que as persoas confundan ,os privilexios cos dereitos, a obxetividade coa subxetividade,o desexo coa vontade,o que se quere co que se necesita, o precio co que se valora ,a opulencia coa realización persoal, a realidade coa apariencia, a uniformidade coa igualdade,o malestar coa enfermidade.Neste sentido, as persoas causanse a sí mesmas e ós demáis moito sufrimento innecesario por non distinguir entre ofensa e dano. O dano é unha rúa de sentido único, mentras que a ofensa circula en ambos sentidos.Pódense sufrir danos en contra da propia vontade, pero nunca ofenderse en contra da propia vontade.

martes, 8 de septiembre de 2009

Indecisión

Tomar decisións é difícil, pero é necesario, porque a dualidade existe e a realidade dalle liberdade ó home para facer eleccións. Pero tomar decisións as veces non é doado, sobre todo cando non tes claro o que queres facer.
O final ...........o indeciso cree que no elixe pero tamién está elixiendo, elixe non elexir.
Un conflicto é o resultado dunha falta de decisión interna e mantense latente, a veces toda a vida, por non poder enfrentarlo e tomar unha decisión.
A toma de decisión liberanos e permitenos seguir crecendo, porque o conflicto non resolto produce estancamento.
A filosofía oriental cree no destino e en que o estado máis perfecto de ser é cando a persoa se entrega ó que é e non toma máis decisións, deixándose levar sen opoñer ningunha resistencia, rendíndonos frente ós feios. Esta forma de pensar é unha filosofía da non acción.
Pero en Occidente é diferente, porque o home occidental cree en que o destino faino él mesmo coas súas decisións e que está condeado a elexir.
Aunque pareza contradictorio estos dous modos de pensar non son tan distintos, senon que se complementan.
Se creemos que existe un destino que non podemos cambiar ainda que o intentemos e que se vai cumplir fagamos o que fagamos, entón é inútil facer nada.
Pero se non creemos que exista o destino nin que a vida teña ningún propósito tampouco teremos a motivación para facer nada.

A vida é unha oportunidade independientemente de calquera especulación filosófica,e se aprendemos a Ver, a realidade mostranos que en todo hai un propósito, como desarrollarse e crecer; e que se eludimos ese propósito, a vida pode perder todo o seu significado.
As experiencias deixan a súas pegadas que moitas veces manteñese o longo de toda a vida condicionando todas as nosas decisións posteriores.

Os sucesos poden volver a repetirse porque temos a tendencia a facer sempre o mesmo, non porque estemos destinados a sufrir ou porque a xente sexa mala ou porque temos mala sorte.
Tomar decisóns forma parte da vida, acertar coa elección non é sempre posible, pero dos erros tamén se aprende...errar forma parte do xogo da vida, por iso hai que participar.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Reflexo da vida


Había una vez un ancián que pasaba os días sentado xunto a un pozo á entrada dun pobo. Un día pasou un xoven acercoselle e preguntoulle o seguiente:
-Nunca antes viñera por estos lugares, ¿cómo é a xente de esta cidade?
O ancián respondeulle con outra pregunta:
-¿Cómo eran os habitantes da ciudade de onde ves?
-Egoístas e malvados, por iso estou ledo de haber saido de alí.
-Así son os habitantes desta ciudade, - respondeulle o ancián.
Un pouco despóis, pasou outro mozo, acercouse ó vello e fixolle a mesma pregunta:
-Acabo de chegar a este lugar, ¿cómo son os habitantes desta cidade?
O vello respondeulle novamente coa mesma pregunta:
-¿Cómo son os habitantes da ciudade de onde ves?
-Eran bos y xenerosos, hospitalarios, honestos e traballadores. Tiña tantos amigos que me custou moito separarme deles.
-Tamén os habitantes desta ciudade son así, -respondeu o ancián.
Un home que tiña os seus sus animais bebendo auga no pozo e que estaba escoitando a conversa, en canto o mozo marchou díxolle ó ancián:
-¿Cómo podes dar dúas respostas completamente diferentes á mesma pregunta realizadas por dúas persoas?
-Mira -respondeu ó ancián-, cada persoa leva o universo no seu corazón. Quen no atopou nada bo no seu pasado, tampouco o atopará aquí. En cambio, aquel que tiña amigos na súa cidade, tambén aquí atopará amigos fieis e leales. Porque as personas son o que atopan en sí mesma,atopan sempre o que esperan encontrar .
As cousas moitas veces son como as vemos, a aptitude que teñamos ante elas, os prexuizos, os medos, e as veces a ignorancia.. condicionan e limitan a forma que temos der ver a realidade.
Cada quen ve o mundo a súa maneira, segundo ti eres, segundo o aberto que estés o mundo asi o mundo será para ti.
E as veces..."Cree o landrón que todos son da súa mesma condición".


martes, 1 de septiembre de 2009

Dez leccións sobre a vida,por Albert Einstein

Admiro moito a Albert Einstein, polo seu intelecto pero por encima de todo pola súa filosofía de vida. A continuación deixo unha lista de 10 frases da súa autoría, que creo que poden ser moi interesantes e sabias.

1. "Alguén que nunca cometeu erros nunca tratou de facer algo novo." - Noutras palabras, a meirande parte das persoas nunca proban cousas novas por temor a fracasar. O fracaso non é algo ó que temer. Polo xeral os perdedores aprenden máis de gañar que os mesmos gañadores. Os noso erros dannos a oportunidade de aprender e crecer.

2. "A educación é o que sobra despóis de que un esqueceu o que aprendeu na escola." É dicir, a educación é o que un aprende sobre a marcha da vida, e non os simples detalles que un memoriza nun momento determinado.

3. "Son o suficiente artista como para debuxar da miña imaxinación. A imaxinación é maís importante que o coñecemento. O coñecemento é limitado. A imaxinación envolve ó mundo."

4. "O segredo da creatividade é saber esconder as túas fuentes." - No contexto en donde Einstein dixo isto quixo decir que ainda que somos influenciados por outras grandes persoas, no momento de subir a un escenario debemos deixar atrás a esas personas e converternos nun individuo único e orixinal, que aprende diferentes valores de diferentes persoas.

5. "O valor dun home debe medirse polo que da e non polo que recibe. No trates de convertirte nun home de éxito senon nun home de valores."

6. "Existen dúas maneiras de vivir: Podes vivir como se nada é un milagre, ou podes vivir como se todo é un milagre." - Con isto quixo decir que cando nada é un milagre cada quen obten o poder de facelo que o sexa sin límites. E cando todo é un milagre, deteste a apreciar ata a máis pequena de todalas cousas fermosas do mundo.O pensar de ambalas dúas maneiras darache unha vida productiva e feliz.

7. "Cando me ixamino a mín mesmo e os meus métodos de pensar, chego á conclusión de que o don da fantasía significou máis para mí que cualquer outro talento para pensar positivo e abstractamente." - É dicir, o soñar sobre todalas cousas que podes lograr na vida é a clave para unha vida chea de positivismo. Deixa que a túa imaxinación te leve por todo tipo de sendeiros e crea o mundo no que desexarías vivir.

8. "Para ser un membro inmaculado de un rebaño de ovellas, un debe, sobre todas as cousas, primero ser una ovella." - Con isto quixo dicir que se desexas ser un empresario exitoso, debes empezar o teu propio negocio inmediatamente. So desexar selo, mentras lle tes medo ás consecuencias non vai axudar. O mesmo aplica para todo: Para gañar un partido un debe primero e ante todo que xogar o partido.

9. "Debes aprender as regras do xogo. E despois debes xogar mellor que todo o mundo." - Noutras palabras, fai o mellor traballo posible que podas, como se a túa vida dependera delo, e despois que non tenas contra quen competir, só te terás a ti mesmo contra quen competir. Nese momento, mellora o mellor que fuches quen de lograr.

10. "O máis importante de todo é nunca deixar de facerte preguntas. A curiosidade ten a súa propia razón de existir." - Con esto Einstein quixo decir que as persoas intelixentes preguntan. Non deixes de facerte preguntas a ti mesmo e a outros para encontrar solucións, pois isto axudarache a obter coñecementos e analizar o teu crecemento en tódolos camiños da vida.