
A intelxencia emocional é unha destreza que nos permite coñecer e manexar os nosos propios sentimentos, enfrentar e interpretar os sentimentos dos demáis.
Todos estamos acostumbrados á medición da intelixencia que se basa no CI ou Coeficiente Intelectual:raciocinio lóxico,habilidades matemáticas, habilidades espaciais,capacidade analíticatica etc.
O coeficiente intelectual e a intelixencia emocional son habilidades distintas, sen embargo, non son opostas senon máis ben complemetarias.A persoa cun alto CI é máis analítica e lóxica, acumula datos, require tempo e calma para tomar decisións, sopesa a información, tende a ser máis frío nas súas apreciaicións e utiliza máis o seu hemisferio esquerdo do cerebro.En cambio as persoas cunha alta intelixencia emocional relacionanse con máis facilidade,gustan de ideas novas,deciden a partir de intentos e erros, é rapida , espontánea, cre nas súas sensacións e utiliza máis a súa parte dereita do cerebro.
Os compoñentes da intelixencia emocional son:
1.Recoñecer as propias emocións:A conciencia dun mesmo, recoñecer o sentimento mentrea ocorre é a clave da intelixencia emocional.Saber en cada momento cal é a emoción que estamos a sentir,sin confundila con outra ou disfrazala.
2.Manexar as propias emoción:Non permitir que nos controlen e saber canalizalas correctamente.As persoas que saben serearse e liberarse da ansiedade, irritación ou melancolías excesivas recupéranse antes dos reveses da vida.
3.Auto motivación e autorregulación: as persoas que saben controlar a súa impulsividade e esperar para obter a recompensa, cumpren cos seus obxectivos e están conformes cos seus logros.
4.Empatía:a capacidade para recoñecer as emocións dos demáis, saber qué queren e qué necesita é unha habilidade fundamental para establecer relacións persoais e vinculos persoais.
5.Manexar as relacións:eso significa saber actuar dacordo coas emocións dos demáis.
http://www.helios3000.net/tests/eq.shtml. Neste enlace podedes atopar un test para medir a vosa intelixencia emocional.