
A psicoloxía da saúde é unha rama da psicoloxía que nace a finais dos 70 basándose na idea de a enfermidade física é o resultado non só de factores médicos, senon tamén de factores psicolóxicos (emocións, pensamentos, conductas, estilo de vida, estrés) e factores sociais (influencias culturais, relacións familiares, apoio social, etc.). Todos estes factores interactúan entre sí para dar lugar á enfermidade.
Pódese observar frecuentemente que as enfermedades das persoas son unha forma de expresión que reflexan necesidades, conflictos, frustracións ou medos; que non se poden resolver adecuadamente por medio da conducta e que adoptan formas inadecuadas de canalización que se traducen como autocastigos.
Unha destas manifestacións son as enfermidades recurrentes ou as dores migratorias, que en xeral no revisten gravidade pero dan as molestias necesarias como para perturbar a vida.
Un malestar físico, indica un desequilibrio nunha área do corpo que suele ser moi representativo do conflicto que está afectando a persoa.
Por exemplo, os problemas de columna relacionanse coa rixidez de pensamento e o control; as dificultades dixestivas teñen que ver co non poder asimilar as cousas como son e simbolizan o fracaso do intento de modificalas para poder dixerilas; os trastornos coronarios relacionanse ca autoesixencia, co espíritu competitivo e apasixoado e coa hiperactivitividade;os problemas de cuello e garganta representan os conflictos entre a mente e o corpo.
Por outro lado, unha enfermidade mantén ocupada á mente nun novo obxectivo, que é curarse, que se toma como proxecto en ausencia dun plan de vida como persoa sana.
A xente ocupada, que está comprometida co seu traballo e lle ve sentido a súa vida, non ten tempo para enfermarse e polo xeral suele mantenerse saudable.
Todos os seres humanos poseen sensibilidade e en maior ou menor medida teñen a capacidade de emocionarse.
Existen distintos tipos de emocións, algunhas poden beneficiar á saúde e outras provocar serias enfermidades.
Emocións como o medo, o odio, a preocupación, a tristeza, o resentimento e o rencor, son perxudiciais para a saúde e diminuen a función do sistema inmunolóxico, fadendoo máis vulnerable ás enfermidades. En tanto que as emocións como o amor, a felicidade, o entusiasmo, a alegría e a esperanza, mantéñenos saudables.
O síntoma expresa a naturaleza básica dun paciente e a personalidade revela datos que fai posible unha prevención máis específica ou un tratamiento máis adecuado unha vez que a enfermedad se declara.
Mente e corpo están máis relacionados do que nos podemos chegar a imaxinar, sobre a nosa saúde inflúen moitos factores, podemos chegar a ter unha vida máis saudable, unha mellor calidade de vida se temos todos estes factores en conta e tratamos de melloralos.