martes, 19 de mayo de 2009

Movemento Slow

Hoxe no Telexornal escoitei falar do Movemento Slow e chamoume moito a ateción, asique púxenme a investigar un pouco de que vai o tema, e esto son algunhas cousas que atopei:

O Movemento Slow propón aparcar a presa e disfrutar de cada minuto. Para elo reivindica unha nova escala de valores, baseada en traballar para vivir e non vivir para traballar. A biodiversidade, a reivindicación das culturas locais e un emprego intelixente da tecnoloxía, son algunhas da súas principais señas de identidade.
Por que como di o corrido mexicano “Non hay que chegar primeiro, senon que hai que saber chegar
Este movemento ten a súa orixe na Praza de España de Roma no ano 1986. Cando o xornalista Carlo Petrini se atopou coa apertura dun conocido establecemento de comida rápida neste enclave histórico da capital italiana,algo se removeu no seu interior. E viu que dalgún xeito os hábitos alimentarios da poboación do vello continente comezaba a verse ameazado polos estilos de alimentación americanos.
A resposta a isto no se fixo esperar, fundándose a semilla do movemento; Slow Food.
A idea era simple; protexer os productos estacionais, frescos e autóctonos do acoso da comida rápida e defender os intereses dos productos locais, sempre nun réxime sostible, a través do culto á diversidade, alertando dos perigos evidentes da explotación intensiva da terra con fines comerciais.
Tras a Slow Food, aparecerían novas aplicacións a outros ámbitos esenciales das nosas existencias como o sexo, a saude, o traballo, a educación ou o ocio que acabarían por conformar as áreas de influencia do movemiento Slow.

Existen as Slow Cities, que son lugares nos que ningún detalle queda o azar. Concéntrase a actividade humana entorno a prazas, promovendo a sociabilidade. Foméntase a producción de alimentos autóctonos e os pequenos negocios artesanais brotan entre as rúa dos cascos históricos.

A primeira cidade lenta foi fundada en Bra, na zona do Cuneo, Italia, e é a sede central deste movemento. A partir de ahí, a creación doutras Cidades Lentas non para e no ano 2005 xa se superaba a cifra de cen países afiliados.

Á luz (ou á sombra) do Slow Food-Slow Cities xurdiron outras concepcións que reivindican tamén apretar o freo ante o ritmo de vida occidental:

O Slow Sex, que defende o sexo coa caricia, o abrazo e os bicos por diante e a recreación no contacto íntimo entre persoas.
A Slow Medicine: consiste en dedixar o tempo necesario a cada paciente, algo que parece imposible nos sistemas sanitarios colapsados de Europa.
O Slow Work, co que se quere dar a entender que tomarse o tempo exacto para realizar as labores no traballo, a rapidez non é sinónimo de máis e mellor producción. De feito, en determinados países xa se fala do "downshifting", ou opción que toman algúns empleados de ser rebaixados de categoría e soldo para ter máis tempo libre e vivir mellor.

Sen presas e sen agobios. Máis de 80.000 persoas no mundo (aproximadamente 1000 en España) xa practican esta nova forma de vivir a vida.

Conmigo xa son 1.001 en España, apúntomeee!!






2 comentarios:

  1. 1002, eu tamén me apunto.

    Biquiños guapiña!!!

    ResponderEliminar
  2. As veces dan gañas de decir !qué se pare o mundo que eu quero baixar!!. Fundamental tomarse o tempo necesario para cada cousa.
    Bicos nena

    ResponderEliminar