lunes, 11 de mayo de 2009

Teorias do amor

A Teoría triangular do Amor do psicólogo estadounidense Robert Estenberg define o amor como unha relación interpersoal según tres compoñentes diferentes: Intimidade, Paixón e Compromiso:

  1. A intimidade, entendida como aqueles sentimentos dentro dunha relación que promoven o acercamento, o vínculo e a conexión.
  2. A paixón, como o estado de intenso desexo de unión co outro, como expresión de desexos e necesidades.
  3. A decisión ou compromiso, a decisión de amar a outra persoa e o compromiso por manter ese amor.

As diferentes etapas ou tipos de amor poden ser explicados con diferentes combinacions destes elementos. Dacordo co autor, unha relación baseada nun só elemento é menos probable que se manteña que unha baseada en dous ou nos tres.

As Sete Formas de Amor son:

1.- Cariño: Neste caso, non debe tomarse nun sentido trivial. Este é o cariño íntimo que caracteriza as verdadeiras amistades, onde se sinte un vínculo e unha cercanía coa outra persoa, pero non hai paixón física nin compromiso a largo plazo.

2.- Encaprichamento: É o que comúnmente se sinte como “Amor a primeira vista”, pero sen intimidade nin compromiso, este amor pode desaparecer en calquer momento.

3.- Amor Vacío: As veces, un amor máis forte deteriorase nun amor vacío, onde hai compromiso, pero a paixón e a intimidade desapareceron. Nas culturas onde existen os matrimonios acordados, as relacioes soen comezar cun amor vacío.

4.- Amor Romántico: As parellas románticas están unidas emocionalmente (como no cariño) e físicamente, mediante a paixón.

5.- Amor Sociable: É frecuentemente encontrado en matrimonios nos que a paixón desapareceu, pero hai un gran cariño e compromiso co outro. Soe suceder coas persoas coas que compartes a túa vida, pero sen desexo sexual nin físico. É máis forte co cariño, debido ó elemento extra que é o compromiso. O amor que se encontra na familia é unha forma de Amor Sociable, así como en profundos amigos, que pasan moito tempo xuntos de relación sin desexo sexual.

6.- Amor Fatuo: Dase nas relacións que o compromiso é motivado na súa maioría pola paixón, sen a estabilizante influencia da intimidade.

7.- Amor Consumado: É a forma completa do amor. Representa a relación ideal hacia a que todos queren ir pero que aparentemente poucos alcanzan. Sen embargo, Sternberg señala que manter un amor consumado pode ser aínda máis difícil que chegar a él. Enfatiza a importancia de traducir os compoñentes do amor en accións. “Sen expresión”, advirte, “Ata o amor maís grande pode morrer”.O amor consumado pode non ser permanente. Por exemplo, se se perde a paixón co tempo, pódese convertir nun amor sociable.

O outro día veuseme a cabeza esta teoría de Esternberg, a cal xa fai ben tempo que estudiei na facultade. Lembro que cando vin no temario que nos entregou o profesor o tema do amor sorprendeume moito e pensei... ¿O amor tamén se estudia?. Reconozo que non me daba chegado o día da explicación deste tema, causabame moita curiosidade, e coma min os demáis compañéiros.

Esta é a principal teoría sobre o amor, xa vedes o Estenberg éste dedicouse a estudar algo tan importante e complicado como é o amor, eu xamais caería en estudar tal cousa.O que é a curiosidade humana, parece que necesitamos teorizar sobre todo, e ter explicacións para todo.

Eu penso que non é nada desdeñable o plantexamento de Estenberg, se nos poñemos a pensar nas nosas relacións persoales e sentimentales, probablemente poderíamos encaixalas nalgunha destas formas de amor. Por outro lado esta teoría simplifica todo bastante, igual faltan factores a ter en conta, as circunstancias que rodean a una relación sentimental, por exmplo, facilitan ou dificultan as cousas.
De todolos xeitos, ahí vos queda eso, como simple curiosidade, para que pensedes que tipo de relación/s tedes ,tivestes ou queredes ter.

Paz e amor!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario